Nacemento:
Morte:
Militar e político. Casou con María-Teresa Arellano MazoI. Ingresou no Corpo Xurídico Militar. Combateu nas campañas de África. Destinado na Coruña no ano 1926. No ano 1936 era coronel auditor de guerra na Capitanía Xeral da VIII División Orgánica, fiscal xurídico militar.
Golpista. Represor.
Persoa fiel ás tropas franquistas durante a Guerra Civil Española.
Fiscal cando era auditor militar no caso contra Matías Usero Rey-Torrente, para o que pedía a pena de reclusión perpetua a morte polo delito de rebelión. O consello de guerra non chegou a realizarse xa que a Matías Usero paseárono o día 20/08/1936.
Tamén foi fiscal na causa 413/36, en Ferrol, contra os xenerais Enrique Salcedo Molinuevo e Rogelio Caridad Pita e o coronel Adolfo Torrado Atocha. Aos xenerais condenáronos á pena de morte e ao coronel a cadea perpetua, logo conmutada pola de 15 anos.
Alcalde franquista da Coruña de febreiro a novembro de 1937, emprego no que sucedeu a José Fuciños Gayoso.
Participou formando parte dos tribunais dos consellos de guerra contra os represaliados.
Nunca sentiu pesar ou remordementos, entón ou máis tarde, pesar ou desgusto polo sucedido.
Asasinaron con premeditación e aleivosía ditando sentenzas inxustas e egoístas para “salvar la religión y el orden social”.
Rematou a vida profesional como xeneral togado e pasou á reserva en 1963.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.