← Volver atrás

Mayo Fernández, Manuel

Alcume: Carballeira
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en combate

Nacemento:

Muros
(A Coruña)
- 01/01/1892 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro e político, 44 anos. Veciño de Muros. Carpinteiro nun barco.

Concelleiro, nomeárono 1º síndico de Muros en 1936. Desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.

Tiña como compañeiros na Corporación de Muros de 1936, entre outras persoas, a: Manuel Tobío Romaní (tamén alcalde no 1936), procesado; José Veloso Mayo (tamén alcalde no 1936); Juan Malvárez Baamonde, procesado; José-Luis Figueiras Lago, sancionado.

Fuxido. Morte en combate.

Cando se produce o golpe militar Francisco Marín Moya desenvolvía a capitanía dos carabineiros da zona e mantivo as guarnicións fieis á República, tomando o control de toda a zona e acuartelando ás súas forzas, uns 90 homes, en Noia. Eran carabineiros de Noia, Muros, Esteiro, Lira, O Freixo, Porto do Son, Corrubedo, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Padrón, Corcubión, Cee, Muxía e Camariñas, aos que concentraron entre o 20 e o 22 de xullo.

Co alcalde interino de Muros, José Veloso Mayo, Trotski, acordou, o día 24 de xullo, a incautación dos bous Santa Eulalia e Santa Rosa. Cando tivo aviso de que o día 26 soldados de Artillería de Santiago de Compostela (A Coruña) querían tomar Noia, trasladou en camións a Muros aos republicanos e carabineiros que quixeran escapar.

Foxe nos bous Santa Eulalia e Santa Rosa, o día 26/07/1936 desde Muros ata Portugalete (Biscaia). Os 47 escapados querían chegar a Francia pero debido a escaseza de carbón aportaron en Portugalete.

Os fuxidos eran os membros do Corpo de Carabineiros: Francisco Marín Moya, Policarpo Aragoncillo Merodio, Ricardo Sánchez Ortega, Adolfo Rodrigo Conde, Fernando Mata Cayetano, Víctor García Yagüe, Ramón Pereira Barreiro, Agustín Rodríguez Alonso-Chaves, Saturnino Montero Simón, Manuel Sánchez Ortiz, Manuel Santos Burruel, Victoriano Sánchez Moreno, Teófilo Vasco Santaolalla, Antonio Díaz Ruiz, Sebastián Martín Cuadrado, Manuel Fernández Costa, Justo Gómez Vergés, Ricardo del Puerto Prado, Francisco Viviani Casas, Agustín Cañestro Rojas, David Pérez González, Severiano Morales Ropero, Florentino Gómez Acedo, José García Blázquez, José García Magdaleno, Manuel Gómez Cano, Emilio Hernando Fresno, Aurelio Juez Pastor, Felipe Vera Vera, Pablo Díaz Sierra, Romualdo Sánchez Donato, Manuel Arenal Martín, Eduardo Puente García, Manuel del Rey Rodríguez, Ricardo Solana Fernández, Federico Guardia Helguera, Domingo Lemus Suárez, Ramón López López e Prudencio Romo Rodríguez.

Tamén fuxiron, entre outras persoas, os paisanos: Constantino García Rial, albanel; Severino Iglesias Siso, comerciante e alcalde de Noia; Francisco Martínez Agra, político de ER de Noia; José Pedreira Bures, mecánico e concelleiro de Noia; Manuel Tobío Romaní, fogueiro e alcalde de Muros; Miguel Vázquez Valiño, zapateiro; Maximino Martínez Fernández, mariñeiro, e Manuel Mayo Fernández, mariñeiro.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 952/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

O tribunal militar declarou fuxidos neste procedemento a: Rogelio Belso N., Manuel Blanco Sanluis, José Cruz Martínez, Manuel Fernández Louro, Adelino Freire Pedrosa, Pedro García Fernández, Severino Iglesias Siso, Abelardo López Lousame, Juan Malvárez Baamonde, Juan Malvárez Pérez, Fermín Maneiro Becerra, Maximino Martínez Fernández, Germán Martínez Filgueira, Juan Martínez Vidal, Manuel Mayo Fernández, Luis Moares Martínez, José Muñiz Amado, José Neu Maroñas, José-Jesús Nimo Castaño, José Pedreira Bures, Manuel Pérez Antelo, Francisco Pérez Barbazán, Francisco Pérez García, Eduardo Pérez Martínez, Manuel Ramos, Manuel Romero N., José Sendón Sendón, José Tobío Mayo, Manuel Tobío Romaní, Miguel Vázquez Valiño e José Veloso Mayo. Ditaron auto de sobresemento para Manuel Rivas Tuñas.

Morre en combate na Fronte Norte, nas filas dos republicanos, durante a guerra civil.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión co resultado de sentenza de sobresemento.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.