Nacemento:
Morte:
Militar, 45 anos. Estudou na Academia de Infantería de Toledo de 1907 a 1910, onde coincide con Francisco Franco Bahamonde. Veterano da Guerra de Marrocos, onde combate de 1911 a 1920. No ano 1916 acadou o grao de capitán. Entre 1924 e 1927 formouse en Estado Maior na Escola Superior de Guerra. NO ano 1927 volveu ao Protectorado de Marrocos.
Cando se proclama a II República encontrábase en Ceuta e colaborou activamente co ministro da Guerra, Manuel Azaña Díaz, nas reformas militares que este propugnaba. En maio e 1936, xa con Azaña como presidente da República, chamárono para mandar unha das unidades da recentemente creada Garda Presidencial.
Exiliado.
Atopábase en Madrid cando se produce o golpe rebelde e contribuíu eficazmente á súa neutralización na capital. Por un tempo desenvolveuse como subsecretario do Ministerio da Guerra.
Destinárono como xefe de Estado Maior á fronte de Córdoba en setembro de 1936; os republicanos sufriron continuos reveses contra as tropas do rebelde Gonzalo Queipo de Llano Sierra. A primeiros do ano 1937 acada o grao de tenente coronel. En agosto dese ano mandaba do XX Corpo de Exército do Exército de Levante en Daimiel (Ciudad Real); a esta unidade enviárona á fronte de Teruel e, polos seus esforzos nesta campaña, ascendérono a coronel en decembro e felicitouno o propio Vicente Rojo Lluch. O día 09/02/1938 fíxose cargo do Exército de Manobra; no decorrer do seu mando os republicanos perderon Teruel e non evitaron o afundimento da Fronte de Aragón.
Cando os sediciosos dirixiron os seus esforzos cara a conquista de Valencia, Menéndez pasou a dirixir en xuño de 1938 o Exército de Levante. Esta resistencia dos leais, protexidos pola Liña XYZ, fixo fracasar o intento franquista e acadou a graduación de xeneral no mes de agosto seguinte.
Con data do 16/02/1939 varios mandos militares, entre os que se atopaban os xenerais José Miaja Menant, Antonio Escobar Huerta, Manuel Matallana Gómez (xefe do Estado Maior de Miaja), Leopoldo Menéndez López, Domingo Moriones Larraga e o coronel Segismundo Casado López, reuníronse co presidente do Goberno Juan Negrín López no aeródromo de Los Llanos (Albacete). Moitos expuxeron a necesidade de poñer fin a guerra e Miaja, para sorpresa de todos, mantivo a idea de seguir resistindo a toda costa. Miaja era coñecedor de varias conspiracións militares contra o executivo republicano, do que non informou.
O día 05/03/1939, baixo o falso pretexto de que Negrín planeaba a toma do poder en unión do PCE e de que Francisco Franco Bahamonde non quería negociar pola presenza dos comunistas no Goberno, Segismundo Casado conduciu un golpe de Estado contra do Goberno republicano. Creou o Consello de Defensa Nacional (CDN), presidido por José Miaja e do que tamén formaba parte o ex-presidente Julián Besteiro Fernández. Menéndez apoio este golpe contra a II República.
Leopoldo Menéndez saíu de España o día 30/03/1939 cara Inglaterra e logo pasou a Francia, onde acompañou a Manuel Azaña Díaz no exilio. Grazas as xestións de Azaña a finais de 1939 puido marchar a Colombia con parte da súa familia. No ano 1945 pasou unha tempada en París, como subsecretario do Ministerio de Defensa do Goberno no exilio. Máis tarde pasou a México, onde finou.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.