← Volver atrás

Moldes Carro, Víctor

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado. Sancionado

Nacemento:

San Pedro de Campañó, Pontevedra
(Pontevedra)
- 01/01/1887 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Monte Porreiro, Santa María de Mourente, Pontevedra
(Pontevedra)
- 17/04/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Comerciante e político, 49 anos. Casado con Elisa Ruibal Cons; tiveron unha filla e catro fillos: Chicha, Víctor, José, Ramiro e Manuel. Veciños de Casaldarado, San Salvador de Lérez, Pontevedra. Propietario dunha tenda de ultramarinos.

Membro da Sociedade Labrega de Lérez, vogal da Federación Labrega Comarcal en 1920 e, máis tarde, presidente. Tamén presidiu a patronal do gremio de ultramarinos. Participou na campaña electoral de 1936 dando mitins a favor da Fronte Popular (FP).

Prendérono por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.

Fuxido. Executado. Sancionado.

No golpe militar participou na defensa do Goberno Civil de Pontevedra. Despois andou fuxido polos arredores de Pontevedra, logo por Padrón (A Coruña) e Vilanoviña, Santa María de Paradela, Meis (Pontevedra).

Os fascistas acusárono de mala conduta e con antecedentes, comunista e propagandista da FP.

Regresou a Lérez, onde a muller lle dixo que o cura Leandro del Río Carnota lle prometera que si se entregaba e lle daba cartos á Garda Cívica salvaría a súa vida.

Presentouse no mosteiro de San Salvador de Lérez despois da entrega dunha importante suma de cartos para evitar a morte, arrestárono os cívicos de Víctor Lis Quibén o día 15/09/1936 e ingresárono na cadea da Escola Normal de Pontevedra.

Xulgado en consello de guerra os días 16 e 17 de febreiro de 1937 en Pontevedra polo delito de rebelión militar coa agravante de perversidade, na causa 115/37, co resultado de sentenza á pena de morte. O fiscal do sumario era Manuel-María Puga Ramón.

Neste proceso xulgaron a: José Acuña Lamas, ferroviario; Manuel Buján Rivas, mestre; Constantino Gómez Rodríguez, mestre; Claudio Magdalena González; Víctor Moldes Carro, comerciante, Castor Pérez Peón, albanel, e Albino Sánchez Leiro, mestre. Condenáronos a todos á pena de morte, aínda que a José Acuña e a Manuel Buján conmutáronlles a pena.

Tamén o xulgaron no Tribunal Militar Territorial de Pontevedra na causa 403/37.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Fusilárono os golpistas ás 07:00h no quilómetro 1 da Avenida de Uruguai, en Pontevedra.

Morte rexistrada en Pontevedra por mor dunha hemorraxia interna.

Soterráronos no cemiterio de San Amaro de Pontevedra.

Os franquistas tamén lle incautaron os seus bens.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.