Nacemento:
Morte:
Pintor, 21 anos. Solteiro. Veciño da Silva, na Coruña. Irmán de Enrique Roca Gantes, encarcerado.
Pertencía ao ateneo libertario El Resplandor en el Abismo do barrio coruñés da Silva.
Fuxido. Exiliado.
Miliciano voluntario durante a guerra civil no Principado de Asturias desde setembro de 1936, ingresou no 219º Batallón Galicia, 6ª Brigada Mixta, 2ª División do III Corpo de Exército de Asturias en novembro de 1936 e pertenceu á súa xunta económica desde abril de 1937. En xuño de 1937 afiliouse á Agrupación Confederal Galaica.
A finais de outubro de 1937 e despois da caída da fronte asturiana, José Moreno Torres dirixía un grupo duns 15 combatentes da súa unidade, o 219º Batallón Galicia, que tentaban volver á súa terra. Entre eles estaban: Manuel Bugallo Lois, Jaime Machicado Llorente, Jesús Martínez Castro, Maximino Martínez Fernández, Odilo Masid Masid, Emilio Novás Naya, Manuel Ramos Escariz, José Balado Gil, Manuel Rivas Rey, Enrique García Lago, Albino Domínguez Márquez, José-María Barros Germade, Enrique Viadero Haya, Maximino Díaz Bugallo, Serafín Varela Platero, Luis-Rafael Villar Sánchez e, posiblemente, Julián Carballo Gómez, Moisés Erguido Blanco e Víctor Paradela Ríos. A moitos deles capturáronos no Alto do Acevo e executáronos.
Julio Roca salvouse deste destino e seguiu participando nas actividades clandestinas da CNT a comezos dos anos corenta. En 1942 contactou co cenetista Honorato Martínez Fuster.
Marchou ao exilio en Venezuela.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.