Nacemento:
Morte:
Xornaleiro, 16 anos. Solteiro. Veciño da Barcala.
Encarcerado.
Detido por mor dunha trampa o día 10/07/1948 no Bar Barlovento, na zona da Praza de Lugo, na Coruña, por unha delación dun compañeiro do seu grupo, xunto con José Ramos Díaz, xastre; Antonio Seoane Sánchez, Julián, Jorge; Juan Martínez Montero, campesiño e Josefa González Cudeiro. A operación policial dirixiuna Eduardo Alfonso Cruz, xefe do Servizo de Información da 140 Comandancia da Garda Civil na Coruña, empregando datos obtidos polo axente infiltrado na guerrilla Alejo-Pablo Mora García.
O secretario xeral do PCE José Gómez Gayoso, Juan, Carlos, López, e a súa compañeira María Blázquez del Pozo, obreira (embarazada, á que lle perforaron o estómago dun tiro e non lle sacaron a bala no tempo que durou o seu encerro), acabaron detidos o día seguinte. Sufriron todos e todas moi duros interrogatorios, malleiras e torturas.
Xulgado o día 18/10/1948 en consello de guerra sumarísimo na Coruña, na causa 370/48, presidido polo tenente coronel de Enxeñeiros, xefe do Batallón de Transmisións do VIII Corpo de Exército de Estremadura, Ramón Rivas Martínez.
As sentenzas foron as de pena de morte para: José Gómez Gayoso, Antonio Seoane Sánchez e José Bartrina Vilanueva (conmutada pola de cadea perpetua); Juan-José Romero Ramos, cadea perpetua; María Blázquez del Pozo, 30 anos de cadea; Josefa González Cudeiro, 25 anos de cadea; tamén condenaron a penas de prisión a Clementina Gallego Abeledo, Carmen Orozco Muñoz, José Rodríguez Campos. Tamén procesaron a outros enlaces.
O xuízo converteuse nunha farsa, sen probas nin testemuñas. A José Bartrina, ao que tamén condenaran á pena de morte, conmutáronlla pola de cadea perpetua e morrería na prisión de Alcalá de Henares (Madrid) o día 21/11/1956 por mor de falta de coidados médicos. O día 06/11/1948 executaron a Gayoso e a Seoane.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.