Nacemento:
Morte:
Militar, 25 anos. Veciño de Ferrol (A Coruña). Mariño da Armada, cabo de artillería do cruceiro lixeiro Almirante Cervera.
Encarcerado.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de rebelión co resultado de sentenza a dez anos de prisión.
Interno na Prisión Provincial da Coruña, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 130 do día 10/05/1941.
As vicisitudes polas que pasou a dotación deste cruceiro e algúns civís que os apoiaron, pola súa lealdade ao Goberno legal de España, foron as seguintes:
Morreron na cadea: o alférez de navío Francisco Martínez Doggio (morto nun bombardeo republicano sobre Ferrol); o cabo Jesús Suárez Martínez, 26 anos, e o mariñeiro José-María Alonso Roibal, 25 anos. Tamén morreu na cadea o electricista civil Manuel Rivera Herva, 18 anos.
O día 22/08/1936 fusilaron no Arsenal ao tenente de navío Luis Sánchez Pinzón, 29 anos e o día 28 do mesmo mes pasearon ao mariñeiro Ángel Caruncho Méndez.
Executaron na Punta do Martelo do Arsenal ás 19:00 horas do día 05/09/1936 a: os cabos Ramiro-Isidro Carrodeguas Castro, 32 anos; Gerardo Picallo Rodríguez, 23 anos; Paulino Rodríguez Gilabert, 25 anos; Eugenio Salgado López, 25 anos, e Ángel Sanz Serantes, 19 anos, e os mariñeiros Pedro Rodríguez Morelló, 20 anos, e Bernardino Vila Fraguela, 19 anos.
A Juan Miró Melón, fogueiro, executárono o día 15/09/1636.
Á civil Milagros Nidáguila Fernández, 20 anos, paseárona o día 23 de setembro.
O día 25 do mesmo mes asasinaron ao comandante do cruceiro, Juan-Sandalio Sánchez Ferragut, 53 anos.
Nese mesmo mes de setembro, o día 29, sacaron das prisións da Escollera e do Plus Ultra e pasearon no cemiterio de Canido, en Ferrol, a: os cabos Isidro Grandal Velo, 30 anos; Nicanor Martínez Fernández, 37 anos; Luis Martínez García, 22 anos; os fogueiros Eusebio Faramiñán Conde, 24 anos; Castor Portas Beltrán, 25 anos; Pío Rodríguez Bouza, 24 anos, e Daniel Varela Corral, 26 anos, e o mariñeiro Secundino Iglesias Tenreiro, 23 anos.
No Castelo de San Felipe, o día 09/01/1937, fusilaron ao soldador Francisco López Ardao, 42 anos.
O día 28 dese mes executaron ás 17:00 h no Arsenal a: os cabos Antonio Mirás Varela, 26 anos; Eduardo Rodríguez Rodríguez, 40 anos, e Antonio Romero Souto, 22 anos, e os mariñeiros do Cuartel de Brigadas de Instrución do Arsenal Higinio Bruey Sánchez e, 22 anos, e Juan Yáñez Santana, 19 anos.
Na data do 14/03/1939 fusilaron na Punta do Martelo do Arsenal a: o auxiliar 2º Manuel Barreiro Rey, 25 anos, e os mariñeiros Antonio Alcántara Mejía, 24 anos, e Manuel-Antonio López Iglesias, 27 anos.
Sufriron condena á pena de morte, despois conmutada pola de cadea perpetua: os civís Pablo Cancio Fernández, 48 anos, e Antonio Fernández Rodríguez, 30 anos; os cabos; Enrique Longueira Cendal, 24 anos, e Ángel Seijo Montouto, 26 anos; o fogueiro Agustín Rodeiro Cartelle, 28 anos, e o mariñeiro Ramón de la Peña Pazos, 22 anos.
Penas de cadea perpetua para: o 3º oficial artilleiro Félix Gómez Solano, 54 anos; os auxiliares 2º Antonio Bastida Pozo, 29 anos, e Amadeo Salgado Pérez, 32 anos; os cabos Francisco Martínez Ibáñez, 27 anos; Nicolás Ogando Toimil, 22 anos; Rafael Pagés García, 25 anos, e Arsenio Rivas Iglesias, 23 anos; o fogueiro Nicolás Pedreira Cruz, 23 anos, e os mariñeiros José Bustabad Lamagueiro, 21 anos; José-Joaquín Freire Román, 28 anos; Justiniano García García, 25 anos; Antonio Picos Calvo, 22 anos; Manuel Rodríguez Mouriño, 20 anos; Manuel Rodríguez Niebla, 24 anos; Antonio Seijo Rivero, 22 anos, e Enrique Vigo Teijeiro, 21 anos.
Ao civil Manuel Fernández Rodríguez, 27 anos, pena de 20 anos de cadea.
Pena de 12 anos e un día para o cabo José-María Cancio Gómez.
Condenas de dez anos para: os cabos Manuel Cendón Durán, 23 anos; Antonio Corbeira Rodríguez, 27 anos; Miguel Domínguez Gil, 24 anos; José Fernández Serrano, 22 anos; Manuel Franco Alegre, 24 anos; Ricardo Pego Rivas, 28 anos, e Francisco Ropero Viciedo, 25 anos.
Cadea por oito anos para: os cabos Jesús Cruz Cousillas, 21 anos; Fernando Lobo Martín, 26 anos; Sebastián Lozano Rojas, 27 anos; Rodolfo Murciano Riestra, 25 anos; Eduardo Rivas Fernández, 24 anos, e Lino Sánchez Bustelo, 23 anos; os mariñeiros José Martínez Diz, 21 anos, e Andrés Yáñez Fariña, 22 anos.
A seis anos de cárcere castigaron a: o auxiliar 2º Miguel Llanos Vaello, 32 anos; os cabos Plácido Cagiao Picado, 30 anos, e Francisco Izquierdo López, 26 anos; o fogueiro Julio Varela Penedo, 17 anos, e os mariñeiros Gilberto Segade Rosewarne, 23 anos, e Alfonso Verdeguer Sandoval, 20 anos.
Declararon fuxidos a: os cabos Nemesio Fernández Fernández; Antonio García Purriño; Domingo Lizuáin, e Eduardo Sánchez García, 24 anos; o fogueiro Marcelino Veiga López; e os mariñeiros Ricardo Alonso Paz, 26 anos; Evaristo Candelas Pérez, 20 anos; José-Antonio Franco Basanta, 16 anos; José López Fernández, 30 anos, e Antonio Molíns Valls, 24 anos.
Máis de 50 tripulantes obtiveron sentenza de sobresemento provisorio e liberáronos; duns tres descoñécese o resultado da sentenza.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.