← Volver atrás

Ruibal Villar, Secundino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Cangas
(Pontevedra)
- 01/01/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

O Anguieiro, Santa María de Darbo, Cangas)
- 28/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Canteiro, 38 anos. Casado. Veciño de San Pedro, Santa María de Darbo, Cangas.

Militante do PSOE.

Paseado.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar, na causa 790/36.

O tribunal militar condenou á pena de morte a: Lorenzo-Santiago-Victoriano Corbacho Rodal, Agustín Jorge Etcheverri, Antonio Fernández Fernández, José Meis Martínez, José-Manuel Millán Costas, Víctor Sánchez Mártil e Antonio Varela Vázquez; castigaron coa cadea perpetua a: José-Miguel Carracelas Álvarez, Germán Chapela Leiro, Francisco Cordeiro Refojo, Gumersindo Gastiasoro Ruiz de Azúa, Serafín Gómez González, Joaquín-José Nores Rodríguez e José-Modesto Rodal Lanzós; penas de 20 anos de cadea para Ismael Costas Caamaño; sentenzas de 12 anos e un día para: Manuel Díaz Carballo, Manuel González Dantas, Manuel Sotelo Alonso, Juan Valladares Taboada e Valentín Villar Soliño; pena de seis anos e un día para Evaristo Dobarro Landín; tamén sentenciaron á cadea a Eduardo García Santos; ditaron auto de absolución para: Eugenio Bermúdez Piñeiro, Ramón Costas Otero, Rafael Rodal Lanzós e Manuel Sotelo Suárez; sobresemento para: Indalecio Cruz Ramos; declararon fuxido a José Moreira Espiño. Tamén enxuizaron a: Aniceto Franco Durán, Estanislao Mallo Martínez, Jesús-Daniel Millán Costas, Rufino Miranda Cabral, Ángel-Emilio Nores Rodríguez, Manuel Piñeiro Pastoriza, Ángel Rial Vidal, Camilo Rodal Rodal, Secundino Ruibal Villar, Vicente Sáez Ruiz, Luis Soliño Acuña e Adonis-Jesús Teixeira Alonso.

No Anguieiro os falanxistas asasinaron ás seguintes persoas: Eugenio Bastos Fernández, mecánico; Antonio Blanco Rodal, mariñeiro; Guillermo-Segundo Fernández Fernández, albanel; Antonio Ferreiro Núñez, canteiro; Daniel González Graña, mariñeiro; Alejandro-Isolino Martínez Pazó, mariñeiro; José Martínez Pazó, canteiro; José Nores Rodríguez, albanel e músico; Normandino Núñez Martínez, mariñeiro, e Secundino Ruibal Villar, canteiro. Neste grupo tamén ía Estanislao Ferreiro Núñez, Boreiro, canteiro, quen puido escapar da masacre, prendérono máis tarde os falanxistas e esnaquizárono na Costa da Vela, en Cangas.

Morte rexistrada no Anguieiro a causa dunha hemorraxia interna por ferida de guerra.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.