← Volver atrás

Sánchez Mártil, Víctor

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Hervás
(Cáceres)
- 11/04/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontevedra
- 24/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 38 anos. Casou coa salmantina Justa Muñoz Martín; tiñan cinco fillos. Veciños do Forte, en Cangas (Pontevedra). Estudou Maxisterio na Escola Normal de Salamanca. Mestre nacional en Béjar e Salamanca, en 1927 destinárono a Quinta do Monte, San Pedro de Roca, Esgos (Ourense) e, en 1930, á Escola do Pósito de San Salvador de Coiro, Cangas (Pontevedra).

Formou parte do Círculo Republicano de Cangas e participou na constitución da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Vigo (Pontevedra) en 1931, da que sería vogal. Participou no congreso da Federación de Traballadores da Ensinanza, da UXT (FETE-UXT) do día 19/03/1936. Tesoureiro da Federación de Pósitos do Morrazo e administrador do de Coiro.

Comunista, prendérono en dúas ocasións por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934; acusárono de ter a intención de atentar contra o pósito no que tan animosamente traballaba. Retivérono tres días en Vigo e deixárono en liberdade sen cargos.

Vogal da Fronte Popular (FP) na súa vila de residencia.

Executado.

Co golpe dos rebeldes detivérono os fascistas o día 25 de xullo, ingresárono na prisión de Cangas e trasladárono á Prisión Provincial de Pontevedra o día 12/09/1936.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Pontevedra o día 19/09/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 790/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

O tribunal militar condenou á pena de morte a: Lorenzo-Santiago-Victoriano Corbacho Rodal, Agustín Jorge Etcheverri, Antonio Fernández Fernández, José Meis Martínez, José-Manuel Millán Costas, Víctor Sánchez Mártil e Antonio Varela Vázquez; castigaron coa cadea perpetua a: José-Miguel Carracelas Álvarez, Germán Chapela Leiro, Francisco Cordeiro Refojo, Gumersindo Gastiasoro Ruiz de Azúa, Serafín Gómez González, Joaquín-José Nores Rodríguez e José-Modesto Rodal Lanzós; penas de 20 anos de cadea para Ismael Costas Caamaño; sentenzas de 12 anos e un día para: Manuel Díaz Carballo, Manuel González Dantas, Manuel Sotelo Alonso, Juan Valladares Taboada e Valentín Villar Soliño; pena de seis anos e un día para Evaristo Dobarro Landín; tamén sentenciaron á cadea a Eduardo García Santos; ditaron auto de absolución para: Eugenio Bermúdez Piñeiro, Ramón Costas Otero, Rafael Rodal Lanzós e Manuel Sotelo Suárez; sobresemento para: Indalecio Cruz Ramos; declararon fuxido a José Moreira Espiño. Tamén enxuizaron a: Aniceto Franco Durán, Estanislao Mallo Martínez, Jesús-Daniel Millán Costas, Rufino Miranda Cabral, Ángel-Emilio Nores Rodríguez, Manuel Piñeiro Pastoriza, Ángel Rial Vidal, Camilo Rodal Rodal, Secundino Ruibal Villar, Vicente Sáez Ruiz, Luis Soliño Acuña e Adonis-Jesús Teixeira Alonso.

Fusilárono os golpistas na estrada de Campañó, en Pontevedra.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.