Nacemento:
Morte:
Mestre e político. 40 anos. Veciño de Malpica de Bergantiños. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela (A Coruña). Mestre interino en San Pedro da Ponte do Porto, Camariñas (A Coruña) ata 1929 e, logo, mestre nacional en San Pedro de Nantón, Cabana de Bergantiños (A Coruña).
Militante de Esquerda Republicana (ER). Nomeárono alcalde de Malpica de Bergantiños en xaneiro de 1936; renunciou en abril, cando o destinaron como mestre a San Mamede de Ribadulla, Vedra (A Coruña), e substituíuno Constantino Longueira Morales, logo sancionado.
Na Corporación de Malpica de 1936 tivo como compañeiros, entre outras persoas, a: José Carril Rodríguez, encarcerado; Cándido-Ramón Carrillo Cousillas, encarcerado; Luis Villar Villar (alcalde en 1932), sancionado; Olegario Otero Verdes, sancionado; Constantino Longueira Morales (alcalde en 1933 e 1936), sancionado; Alfredo Carril Rodríguez, sancionado.
Fuxido. Depurado.
Foxe a Francia na motora San Adrián, da que era capitán Francisco Fariña Chouciño, o día 27/06/1938; eran 26 as persoas que escapaban. Na lancha Estrella Polar achegáronse de Malpica de Bergantiños ás Illas Sisargas, onde se atopaba a motora. Despois de tres días de travesía chegaron preto de Brest (Bretaña, Francia). Un bote de carabineiros franceses levounos diante das autoridades que lles deron a escoller entre regresar a Malpica ou pasar á zona republicana; catro homes decidiron volver á casa e o resto marcharon a Barcelona para seguir loitando contra dos franquistas.
Entre os 26 fuxidos estaban: Manuel Alfeirán Carrillo, Cándido-Ramón Carrillo Cousillas, político; Jesús Castro Amigo, José Castro Amigo, Francisco Fariña Chouciño, mariñeiro; Miguel Garrido Blanco, motorista; Celestino Garrido Carrillo, patrón; Luis Garrido Carrillo, mariñeiro; Jesús Garrido Garrido, patrón; Pedro Garrido Varela, armador; Benigno Novo Alfeirán, mariñeiro; Luciano Rodríguez Alfeirán, armador; Manuel-L. Rodríguez Verdes, Luis Rodríguez Villar, José Sande Lois, mestre; Pedro Veres García, mariñeiro; Pedro Veres Varela, mariñeiro, e Manuel Villar Novo, patrón de cabotaxe.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar (fuxida do San Adrián) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. O proceso rematou sobresido de xeito definitivo en novembro de 1944.
No seu proceso de depuración expulsárono do Maxisterio.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.