Nacemento:
Morte:
Empregado, 22 anos. Casado; tiñan un fillo. Veciños de Santa Mariña de Cabral, en Vigo. Repartidor de peixe no peirao do Berbés, en Vigo.
Militante do PCE.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Mobilizado polos sublevados no ano 1936, desertou para estar coa súa dona e o seu fillo e permaneceu agochado.
NO ano 1938 integrouse no grupo de José García Molares e Rogelio García Molares, os Maletas. Neste grupo tamén figuraban, entre outras persoas: Ramón Pereira Antelo, o Parrillero; Manuel Rodríguez Fernández, o Coxo de Cabral, e Guillermo Santos Caride, Quique.
En 1939 presentouse ao chamamento do gobernador civil de Pontevedra, Manuel Gómez Cantos, que prometeu unha amnistía.
Pola súa condición de desertor, obrigárono a repetir o tempo de servizo militar e destinárono a Zaragoza. Aproveitando un permiso, fuxiu de xeito definitivo a mediados de 1941.
En 1943 contactou co PCE, que pretendía organizar a guerrilla no sur de Pontevedra.
En abril de 1943 procesárono por roubo e asasinato do veciño de San Mamede de Petelos, Mos (Pontevedra), Fructuoso Costas Giráldez, garda cívico que rematara coa vida de Manuel González Fresco, o Fresco. Participaron no axustizamento José García Molares, Ramón Pereira Antelo, José-Luis Quintas Figueroa e Abraham Loriente Sánchez.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Vigo na causa 169/43 polo delito de atraco a man armada.
No ano 1946 foi un dos creadores do Destacamento Paco Barreiro, integrado na V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).
Por este destacamento pasaron: Agustín Álvarez Araujo; Basilio Calvar Solla, o Roxo de Domaio; Estanislao Cantero Izquierdo; Urbano Fernández Bastos, Fotógrafo, Roque; José García Molares, Maletas; Aurelio Gil Méndez; Avelino Otero Montes, Avelino; Ramón Pereira Antelo, o Parrillero; Claudio Rodríguez Vázquez, Penís, Crispín, e Manuel Simón Campos, Xanote.
Neste grupo integráronse varios fuxidos obrigados pola presión policial, entre eles: Basilio Calvar Solla, o Roxo de Domaio; Urbano Fernández Bastos, Fotógrafo, Roque, e tamén Claudio Rodríguez Vázquez, Penis, Crispín, que procedía dos Maletas, Estanislao Cantero Izquierdo e Agustín Álvarez Araujo.
Acusado co seu lugartenente Avelino Otero Montes, Avelino, da morte do falanxista de Cabral, Eusebio Lago Campos, o día 30/01/1947.
O dia 20/05/1947 houbo unha reunión da guerrilla na zona de Monte Poulo, Lavadores. Alertada a Garda Civil, montaron un operativo no Alto de San Paio para sorprender aos líderes guerrilleiros cando regresaran da reunión.
Morreu o día 21/05/1947 nun enfrontamento coa Garda Civil en San Paio, preto de Lavadores; con el faleceu Avelino Otero Montes. Na acción arrestaron a dous compañeiros e varios enlaces. A acción está vencellada a actuación dun axente infiltrado, posiblemente Alejo-Pablo Mora García.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.