← Volver atrás

Tovar Figueras, Luis

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

lugar descoñecido
- 13/04/1881 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 12/02/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 55 anos. Veciño da rúa Fernández Latorre, 47, na Coruña. Ingresou na Academia de Infantería de Segovia. Diplomado do Estado Maior. Tenente coronel no ano 1925.

Golpista.

No momento do golpe dos rebeldes era tenente coronel xefe do Estado Maior da VIII División Orgánica na Coruña.

Desde o triunfo da Fronte Popular (FP) en febreiro de 1936, entre a oficialidade dos cuarteis existen moitas reunións nos cuartos de bandeiras, inclinándose pola sublevación. O principal enlace destes contactos rebeldes era o capitán da Garda Civil José Rañal Lorenzo, ao que se sumaban o tamén capitán da Garda Civil Gumersindo Varela Paz, o comandante do Estado Maior Fermín Gutiérrez de Soto, o capitán de Infantería da Garda de Seguridade e Asalto Ricardo Balaca Navarro e o tenente coronel da Garda Civil Benito de Haro Lumbreras. A súa idea era atentar contra o pazo do Goberno Civil, pero descubriunos o día 18/04/1936 o comandante da Garda Civil Fernando Monasterio Bustos.

A esta movida tamén se uniran o capitán de Artillería Eduardo Ozores Arráiz, o capitán de Infantería Ezequiel Román Gutiérrez, o capitán de Enxeñeiros Ventura Osset e o capitán Xurídico Tomás Garicano Goñi (enlace co xeneral Emilio Mola Vidal). Tamén se implicaron, en menor medida, o tenente coronel de Infantería Óscar Nevado Bouza, o capitán médico Miguel Parrilla Hermida, o capitán de Intendencia Garnica e o tenente coronel do Corpo de Carabineiros José Meseguer Marín. Como non, había elementos de Falanxe e das Xuventudes de Acción Popular (XAP). Unha vez descuberta a tentativa rebelde, a José Rañal Lorenzo e a Benito de Haro Lumbreras encarceráronos; pronto saíron absoltos.

Os enlaces quedaron intactos e no mes de maio volveron contactar con Emilio Mola, ao que se sumaron para dar o golpe definitivo do 18 de xullo. Luis Tovar transmitiu as intencións de Rañal ao xeneral en xefe da VIII División Orgánica, Enrique Salcedo Molinuevo, que escoitou a Rañal con atención pero non foi quen de tomar medidas contra del naquel momento.

Luis Tovar era o delegado rexional da Unión Militar Española (UME) en Galicia. Cando se produce o golpe militar, vistos os movementos que se estaban a dar entre a oficialidade, o día 20 de xullo o xeneral Salcedo Molinuevo, alertado polo xeneral Rogelio Caridad Pita, decidiu destituír a Luis Tovar Figueras, naqueles momentos líder dos rebeldes, diante das dúbidas que aínda mantiña Pablo Martín Alonso, xefe real das tropas na cidade. Diante da pretensión de Salcedo, os oficiais acabaron por detelo a el e a Caridad Pita.

O día 20 de xullo encargouse de chamar ao gobernador civil, Francisco Pérez Carballo, conminándoo a que entregase o mando, cousa que o gobernador refuga. Asinou o bando de guerra ese 20 de xullo, que se transmitiu a todas as guarnicións militares de Galicia.

Nos primeiros momentos do golpe, Tovar contou coa colaboración do tenente coronel Jesús Teijeiro Pérez, cando Pablo Martín Alonso aínda dubidaba. Inmediatamente se formaron as milicias voluntarias coruñesas Caballeros de La Coruña, que mandaban os tenentes coroneis da Garda Civil Florentino González Vallés e Benito de Haro Lumbreras. Estas milicias constituíanas xente de idade e eran mal coñecidos polo nome de “Los mil ancianos”.

En decembro de 1936 ascendérono a coronel.

Finou de morte natural.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.