← Volver atrás

Rodríguez Fernández, Manuel

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Principado de Asturias

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Fuxido. Encarcerado.

Cando regresaba co grupo de Marcelino Fernández Villanueva, Gafas, cara o Principado de Asturias e despois do fracaso do seu intento de fuga por Portugal, nos montes de Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras (Ourense), entraron en contacto cos grupos de Manuel Álvarez Arias, Bailarín, e de Alfredo Yáñez Domínguez, o Aguirre, que os levaron á Cidade da Selva, onde se toparon con Manuel Girón Bazán, Girón, e Marcelino de la Parra Casas, Parra, que os coñecían da fronte asturiana e que os recibiron ben.

En Casaio tiñan refuxios seguros na coñecida como Cidade da Selva, nos inaccesibles vales da Morteira e da Bruña.

Cando o grupo tentaba volver cara o norte, sorprendeunos a Garda Civil preto de Ponferrada (León); os gardas detiveron ao seu compañeiro Ángel Rodríguez Saldaña, que logo morrería abrasado no cuartel o día 05/03/1939. Gafas, ferido, quedou con Girón, mentres o resto de compañeiros volvían a Xixón e regresarían en xuño de 1938 con máis fuxidos, entre eles os irmáns César Ríos Rodríguez e Arcadio Ríos Rodríguez. Marcelino estableceuse en Casaio cunha ducia de compañeiros asturianos e tentou mediar nas loitas políticas entre socialistas, comunistas e cenetistas.

En agosto de 1940 tentaron outra vez o paso a Portugal en varios grupos. Ao taxi no que ían Marcelino Fernández Villanueva; Gilberto Cuadrado Soto, Gipi; Manuel-Luis Gómez Bueno, Pambarato, e Manuel Rodríguez Fernández, interceptárono forzas portuguesas en Vinhais, Bragança (Portugal). Gilberto Cuadrado morre no enfrontamento, a Manuel Rodríguez arrestárono; Gafas e Gómez Bueno logran fuxir, o último ferido nun brazo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha