Nacemento:
Morte:
Enfermeira, 18 anos. Solteira. Compañeira sentimental do secretario xeral do PCE José Gómez Gayoso, Juan, Carlos, López.
Ingresou nas Xuventudes Comunistas no ano 1935 e en 1936 nas Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU).
Encarcerada.
Desde outubro de 1937 pertencía ao Sindicato de Industrias Químicas en Madrid.
Compañeira de Luis Villalobos Saelices (Aranjuez, Madrid) co que tivo unha filla nada en 1940. A Luis fusilárono no Cemiterio do Este, en Madrid, o día 12/06/1940.
Detida pouco despois de ter a filla.
No ano 1939 xulgárona en Madrid e condenárona a 12 anos e un día de prisión polo delito de auxilio á rebelión, ingresárona no cárcere de Ventas (Madrid) e percorreu varios penais.
Interna na Prisión Central de Saturrarán, Mutriku (Guipúscoa), puxérona en liberdade condicional provisoria o día 06/02/1943.
A finais de 1943 coñeceu a Gómez Gayoso, ao que acompañou a Galicia no ano 1945 como asistente do líder comunista.
No Bar Barlovento da Coruña, o día 10/07/1948, arrestaron a: Antonio Seoane Sánchez, Julián, Jorge; Josefa González Cudeiro e José Rodríguez Campos e aos axentes de enlace: José Ramos Díaz e Juan Martínez Montero. A operación policial dirixiuna Eduardo Alfonso Cruz, xefe do Servizo de Información da 140 Comandancia da Garda Civil na Coruña, empregando datos obtidos polo axente infiltrado na guerrilla Alejo-Pablo Mora García. Semella que a delación fíxoa Luis García Jiménez, dono da casa da rúa Real, 23, na Coruña, onde vivía Antonio Seoane.
A José Gómez Gayoso e á súa compañeira, María Blázquez del Pozo, prendéronos ao día seguinte, o 11 de xullo, cando chegaron á casa de Antonio Seoane, responsable militar do Comité Rexional do PCE, arrestado o día anterior e onde os agardaba a policía franquista. María abalanzouse sobre os axentes, facilitando que Gayoso puidera escapar, aínda que o prenderon pouco despois. Na pelexa, a María ferírona na barriga. A pesares de estar embarazada, durante dous meses, sometérona a salvaxes interrogatorios, igual que a Gayoso, a Seoane e a outros detidos. Aínda baixo tortura, logrou dar a luz no cárcere ao seu fillo José.
Xulgada o día 18/10/1948 en consello de guerra sumarísimo na Coruña polo delito de auxilio á rebelión, na causa 370/48, presidido polo tenente coronel de Enxeñeiros, xefe do Batallón de Transmisións do VIII Corpo de Exército de Estremadura, Ramón Rivas Martínez.
As sentenzas foron as de pena de morte para: José Gómez Gayoso, Antonio Seoane Sánchez, e José Bartrina Villanueva (conmutada pola de cadea perpetua); Juan-José Romero Ramos, cadea perpetua; María Blázquez del Pozo, 30 anos de cadea; Josefina González Cudeiro, 25 anos de cadea; tamén condenaron a penas de prisión a Clementina Gallego Abeledo, Carmen Orozco Muñoz, José Rodríguez Campos. Procesaron ademais a outros enlaces.
Este xuízo foi unha farsa, sen probas nin testemuñas. A José Bartrina, ao que tamén condenaran á pena de morte, conmutóuselle pola de cadea perpetua e morrería na prisión de Alcalá de Henares (Madrid) o día 21/11/1956 por mor de falta de coidados médicos.
A María Blázquez, Carmen Orozco Muñoz e Josefa González trasladáronas en decembro de 1948 ao cárcere de Segovia, onde fixeron unha folga de fame en xaneiro de 1949, cando María estaba en estado de sete meses do seu fillo José. Pasaría por un rosario de cadeas.
O día 06/11/1948 executaron a Gayoso e a Seoane.
María estivo na cadea ata o día 20/04/1963. Cando lle descubriron un cancro de peito, en agosto de 1965, xa grave, trasladouse a París, onde morreu ao pouco.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.