Nacemento:
Morte:
Canteiro e sindicalista, 49 anos. Casado con María Núñez; tiveron catro fillos. Veciños de San Cristovo das Viñas, na Coruña. Pai de José-Antonio Boedo Núñez, fusilado o día 11/09/1937, de Manuel Boedo Núñez, de 16 anos e fuxido, e de José Boedo Núñez, Pucho Boedo, quen cando morreu o seu pai contaba sete anos.
Dirixente do PCE. Presidente do Sindicato de Canteiros na Coruña. Desenvolveu cargos de importancia na CNT, á que pertencía desde 1918, na Federación Local Obreira (FLO) e na Confederación Rexional Galaica (CRG). Fundador do ateneo El Resplandor en el Abismo da Silva. Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal.
Paseado.
Prendérono os franquistas na Coruña despois do alzamento rebelde.
Xulgado en consello de guerra na Coruña por tenencia de explosivos, na causa 332/36.
O tribunal ditou sentenza de sobresemento para Andrés Allegue Dopico e Eladio Muíños Díaz. Tamén se procesou neste expediente a: Cipriano Alvite Alonso e José Boedo López, que morreron paseados.
Morte rexistrada a causa de hemorraxia interna.
O seu cadáver apareceu no distrito coruñés e soterrárono no cemiterio de San Amaro na Coruña.
A súa familia sufriu unha brutal represión.
Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con José Aradas Pousa, Rogelio Ares Valiño, Luis Baldomir Trillo, Manuel Hermida Hermida, Bernardo Hernández Ares, Severino López López, José Pérez Ferreño e Antonio Prenas Illobre.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.