Nacemento:
Morte:
Xornaleiro e labrego, 30 anos. Casado con Engracia Díaz Canda, Angustias. Veciños de Mosteiro. A súa irmá Silvina Castro Tellado casara con Primitivo Rodríguez Otero.
Militante da UXT e do PSOE. Fundador da Sociedad de Trabajadores de la Tierra de Pol y sus Contornos.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Despois do golpe do 1936 botouse ao monte e ocultouse polos altos de Luaces con Manuel Rivas Carballés e Primitivo Rodríguez Otero, onde contactaron con grupos asturianos e ourensáns.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de adhesión á rebelión militar, na causa 1382/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 18/06/1938. Xuízo contra varios veciños de Pol.
Condenaron á cadea perpetua a Primitivo Rodríguez Otero. Ditouse auto de sobresemento para Manuel González Teijeiro, sentenza de absolución para José López García e declararon fuxido a Manuel Castro Tellado.
Participou na organización das guerrillas do leste de Lugo.
Na II Agrupación da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG) tivo como axudante a Antonio Fernández Crespo, Fuenteoliva.
En 1944 acede á xefatura da III Agrupación da FG e tentou chegar a acordos cos equipos guerrilleiros comunistas do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) xunto con Marcelino Fernández Villanueva, Gafas. Desde 1945 tivo a Antonio Fernández Crespo, con Abelardo Gutiérrez Alba, como vicecomandantes da III Agrupación da FG.
En 1945 comandou a FG. No seu grupo atopábanse a primeiros de 1945 os irmáns Demetrio Voces Canóniga e Salvador Voces Canóniga.
Procesouno o Tribunal Militar Territorial de Lugo por roubo na causa 215/46.
En xaneiro de 1947 Gafas tentou arranxar a ruptura entre a FG e o EGG; xa o tentara máis veces e unha vez máis fracasou.
Na reunión de Meira (Lugo) encontráronse membros da FG e do EGG, que desde que chegara José Gómez Gayoso, dominaban os comunistas. Alí se citaron Marcelino Fernández Villanueva, Gafas, pola FG, Manuel Castro Tellado, xefe da III Agrupación, con Víctor García García, Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, e Enriqueta Otero Blanco, comunistas. Non acadaron a unión neste novo intento, pero decidiron seguir negociando.
Morreu o día 13/01/1947 nun enfrontamento coa Garda Civil, no monte Ramírez, preto de Castro de Rei cando, con Gafas, tentaban a aproximación de novo ao EGG. Antes resultara detido o interlocutor comunista Emilio Golás Rodríguez, o Villa, cousa que descoñecían e que fixera que se intensificara a vixilancia da Garda Civil na zona de Paradela. Gafas resistiu a redada e puido escapar da zona; logo enlaces da guerrilla trasladárono á zona de Mondoñedo, menos vixiada.
A Castro Tellado substituíuno á fronte da III Agrupación Abelardo Gutiérrez Alba.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.