← Volver atrás

García Molares, José

Alcume: o Maletas, o Mundo
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Santa Mariña de Cabral, Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Salvador de Louredo, Mos
(Pontevedra)
- 14/08/1945 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Electricista, 30 anos. Veciño de Cabral.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Logo da sublevación dos militares loitou nas barricadas de Santa Cristina de Lavadores, Vigo.

Fuxido ao monte desde 1936. En 1938 organizou co seu irmán Rogelio García Molares un grupo guerrilleiro composto por comunistas e anarquistas; entre eles Ramón Pereira Antelo, o Parrillero, zapateiro; Manuel Simón Campos, o Xanote, de Cabral; Manuel Rodríguez Fernández, o Coxo de Cabral; Guillermo Santos Caride, o Quique, Luis Blanco López; Julio Guillén Biel, o Biel; Vicente Guillén Biel, José-Luis Quintas Figueroa, Quintas; Diego Valero González; Delmiro Barreiro Cubeiro e varios máis.

Nos primeiros meses fixeron varios golpes económicos e tomaron represalias contra os colaboradores do Réxime.

Xulgado en varias causas en Vigo co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

No ano 1939 incorporouse á partida o militante comunista Claudio Rodríguez Vázquez, Penis, Crispín, e tamén Jesús Lago González, Petrillas.

Despois da morte do seu irmán en San Martiño de Vilar de Infesta, Redondela (Pontevedra) o día 15/10/1939, reorganizou o grupo con Avelino Otero Montes, Avelino, pero xa baixo o control de Manuel Simón Campos, Xanote. O grupo operou nos montes de Mos e realizou varias accións en Tameiga, Petelos, Nordales e Ponte de Guizo.

O día 21/09/1940 escapou dunha redada con Ramón Pereira Antelo e na que caeron moitos dos seus compañeiros.

No ano 1942 uniuse ao seu grupo Abraham Loriente Sánchez, o Madrileño, que morrería nun enfrontamento o día 15/11/1943.

En abril de 1943 procesárono por roubo e polo asasinato do veciño de Petelos Fructuoso Costas Giráldez, garda cívico que asasinara a Manuel González Fresco. Nesta acción participaron ademais Ramón Pereira Antelo, José-Luis Quintas Figueroa, Manuel Simón Campos e Abraham Loriente Sánchez.

En 1944 o grupo de superviventes uníronse ao grupo de Benigno Andrade García, Foucellas. Integrouse no Destacamento Paco Barreiro.

Por este destacamento pasaron Agustín Álvarez Araujo; Basilio Calvar Solla, o Roxo de Domaio; Estanislao Cantero Izquierdo; Urbano Fernández Bastos, Fotógrafo, Roque; José García Molares, Maletas; Aurelio Gil Méndez; Avelino Otero Montes, Avelino; Ramón Pereira Antelo, o Parrillero; Claudio Rodríguez Vázquez, Penís, Crispín, e Manuel Simón Campos, Xanote.

O día 14/08/1945 estableceron un control na estrada Vigo-Ourense e apoderáronse de 32.000 pesetas nun vehículo da empresa Distribuidora de Huevos de Jimeno y Cia.

A este grupo perseguiuno a Garda Civil e a José abatérono no monte Saramagoso, en Louredo, xunto con Urbano Fernández Bastos, Fotógrafo, Roque, Roquiño.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.