Nacemento:
Morte:
Militar, 48 anos. En 1894 ingresou na Academia de Infantería de Toledo. Veterano da Guerra de Marrocos. En maio de 1925 ascendeu a xeneral de brigada por méritos de guerra e designárono gobernador militar de Guadalaxara e, en 1927, de Melilla, ao rematar a guerra no norte de África. En xaneiro de 1930 acadou o grao de xeneral de división e nomeárono gobernador militar de Ferrol (A Coruña).
Cando se proclama a II República mandaba a guarnición de Granada. De sempre foi contrario ao réxime republicano e tomou parte en varias conspiracións. Cando se produce o intento de José Sanjurjo Sacanell debía levar adiante a sublevación en Granada, pero alí non pasou nada e fuxiu a Francia. No ano 1936 reincorporárono ao servizo activo, logo de gañar un recurso xudicial.
Golpista.
O día 08/03/1936 participa na reunión conspiradora da rúa Xeneral Arrando, 19, en Madrid, domicilio do deputado da CEDA, José Delgado Hernández de Tejada.
Nesta reunión estaban: Francisco Franco Bahamonde, Luis Orgaz Yoldi, Emilio Mola Vidal, Rafael Villegas Montesinos, Joaquín Fanjul Goñi, Ángel Rodríguez del Barrio, Andrés Saliquet Zumeta, Miguel García de la Herrán Martínez, Manuel González Carrasco, Luis-Miguel Limia-Ponte Manso de Zúñiga, o coronel José-Enrique Varela Iglesias e o tenente coronel Valentín Galarza Morante, pola Unión Militar Española (UME). Falaron de que era imprescindible dar un golpe de Estado, que José Sanjurjo era o líder máis adecuado e o 20 de abril o día do pronunciamento. O día 20/04/1936 non houbo ningún movemento nos cuarteis. O Goberno republicano decatouse do suficiente como para encarcerar a Varela Iglesias e confinar a Orgaz en Canarias. Franco non contrae compromisos firmes naquela reunión.
Nunha reunión con Mola en Pamplona, decidiuse que Carrasco dirixiría a sublevación en Barcelona e a IV División Orgánica, pero os militares cataláns inclináronse por Manuel Goded LLopis. Finalmente González Carrasco ocupouse do golpe en Valencia, na III División Orgánica; os apoios volvéronse atrás e tivo que fuxir por mar, as agachadas.
Na guerra civil non tivo un papel relevante.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.