Nacemento:
Morte:
Profesor universitario, historiador, arqueólogo e político, 28 anos. Casado. Veciños de Santiago de Compostela (A Coruña). Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Profesor auxiliar de Paleografía e Historia da Arte da USC.
Secretario do Consello Director do Seminario de Estudos Galegos (SEG), tamén das Irmandades da Fala. Membro correspondente da Real Academia Galega (RAG).
Afiliado ao Partido Galeguista (PG). Elixírono concelleiro de Santiago de Compostela nas eleccións municipais de 1936 polo PG; desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.
Tiña como compañeiros de corporación en 1936 en Santiago de Compostela, entre outras persoas, a: Jesús San Luis Romero, encarcerado; Juan Brañas Cancelo, sancionado; José Toba Fernández, sancionado; Juan López Durá, exiliado; Ángel Casal Gosende (alcalde), asasinado; José Germán Fernández, asasinado; Andrés Suárez Rodríguez, encarcerado; Manuel Maza Cardama, encarcerado. Manuel Martínez García, asasinado; Domingo Rozas Liste, sancionado.
Depurado. Exiliado.
Sancionado polos rebeldes coa separación definitiva do servizo como catedrático.
Agochouse na casa da súa nai ata que foi quen de fuxir.
Exiliouse en Lisboa (Portugal) no ano 1936, logo en Cuba e Porto Rico (1937), onde exerceu de profesor universitario; no ano 1943 foi decano na Universidade de Porto Rico da Facultade de Humanidades, reitor e senador vitalicio. Neste país casou con Manuela Lamela Fernández (de pais de Pontevedra); tiveron dous fillos e unha filla: Sebastián, Juan-Manuel e María del Pilar.
No ano 1940 o Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña condenouno en ausencia á inhabilitación absoluta, seis anos de desterro a máis de 200 quilómetros de Santiago de Compostela e ao pago de 5000 pesetas.
Morreu nunha das súas estancias en Pontevedra e soterrárono no cemiterio municipal de San Amaro, na cidade do Lérez.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.