← Volver atrás

González Villalaín, Gregorio

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Garda civil. Tenente da Benemérita con destino en Ponferrada (León).

Represor.

Nos anos da represión franquista estivo na Comandancia da Garda Civil en Ponferrada, ás ordes do comandante Miguel Arricivita Vidondo.

Á enlace da guerrilla Carmen Jeréz Rodríguez, moza do fuxido Abelardo Macías Fernández, Liebre, prendérona o día 25/07/1946 na Fervenza, Santa Mariña do Monte, o Barco de Valdeorras (Ourense), seis homes da Brigadilla de Servizos Especiais de Ponferrada (León) disfrazados de guerrilleiros e aos que mandaba o tenente Gregorio González Villalaín. Ao non querer informar do paradoiro de Liebre, levárona presa á Rúa de Petín (Ourense), onde a retiveron dous meses e despois trasladárona á prisión de Ponferrada (León). A Carmen, violada en múltiples ocasións polos represores e en estado de catro meses, asasinárona as forzas do orde en Montearenas, Ponferrada, o día 03/05/1947.

O día 24/02/1949 formaban un grupo de fuxidos: Enrique Oviedo Blanco, Chapa; a compañeira de Enrique, Asunción Macías Fernández, a Pandereta; Silverio Yebra Granja, o Atravesado; Francisco Martínez López, Quico; Alfonso Rodríguez López, o Galego; Antonio López Núñez, Objetivo; Bernardo Álvarez Trabajo, Pájaro, e Eduviges Orozco Palacín, Andaluz. Traizoados pola enlace de Cabañas Raras, Berlanga del Bierzo (León), Liles García Mallo, Pedro, quen lles solicitara un contacto urxente co grupo, caeron nunha redada da Garda Civil na serra de Ocero, que mandaba o tenente Gregorio González Villalaín; era a noite do 24 ao 25 de febreiro e os represores abateron a Alfonso Rodríguez López e a Eduviges Orozco Palacín.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha