Nacemento:
Morte:
Mecánico, industrial e político, 26 anos. Veciño dos Muíños, Mondoñedo.
Militante do PSOE na II República, do que foi vogal, e secretario da UXT. Tesoureiro da Agrupación Socialista (AS) de Mondoñedo en 1932 e secretario en 1936, que presidía Luis-María Trigo Chao, o Gardarríos.
Detivérono pola súa participación na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.
Encarcerado.
Prendérono e ingresárono na Prisión Provincial de Lugo o día 08/08/1936.
Trasladárono a Prisión Provincial da Coruña o 03/09/1937.
Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 10/04/1938 polo delito de auxilio á rebelión militar, na causa 1119/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Neste proceso condenaron á pena de morte a: Alfredo Martínez Martínez, Guillermo Otero Villalba e José Sánchez Gacio; castigaron coa cadea perpetua a: Francisco García Martínez, Emilio González Valoria, Graciano Leivas Freire, Constantino Sánchez Gacio e Patricio Vijande Villar; penas de seis anos e un día para: Germán Fanego Salaverri e José-Ramón Villamarín Pallín.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña pola de cinco anos de prisión menor.
Interno na Prisión Provincial da Coruña, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 263 do día 20/09/1941.
No ano 1945, nun intento de reorganización do PSOE en Lugo e na Coruña, participaron: Manuel Cobas Rodríguez, dependente; Luis Fernández del Valle, político; Graciano Leivas Freire, mecánico; José-Mateo Mariñas Ferrero, xornalista, e Antonio Vidal Vilas, político, e outras persoas.
Prendérono os represores o día 25/07/1945 con Manuel Cobas.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de actividades clandestinas de tipo socialista na causa 321/45.
A Manuel Cobas Rodríguez, José-Mateo Mariñas Ferrero e Antonio Vidal Vilas castigáronos a seis meses e un día de cadea; a Luis Fernández del Valle a nove meses.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.