Nacemento:
Morte:
Tiña 26 anos. Irmán de Celestino Otero Paz, tamén encarcerado.
Fuxido. Encarcerado.
Despois do golpe dos rebeldes fuxiu ao monte no ano 1936 e entregouse antes de que deportaran ao seu pai, Juan Otero.
Estiveron agochados nas fragas de Soaserra varios escapados: Antonio Vilar Pereira, fuxido no Santa Teresa; Juan Anca Arnoso (curmán da muller de Antonio Vilar); Manuel Piñeiro Antón, Manolo do Menor, fuxido no Santa Teresa; Amandino Arnoso; Manuel Rodríguez Pérez, Galán, fuxido no Santa Teresa; Celestino Otero Paz, encarcerado; Florentino Otero Paz, Floro, encarcerado; Jesús López Ardao, Someiro, exiliado; Vicente Bouza Pereira, que era algo atrasado; Ramiro Martínez López, Zapateiro, encarcerado; Juan Vilar Pazos, morto no monte en 1943; Ramón García Rodríguez, Manteiga; Francisco Barcia Martínez, Paco da Casanova; José Vázquez Mauriz, Patitas, eliminado pola propia guerrilla en 1951; Ramiro Martínez Rodríguez, Ramiro Grande, paseado en 1942; Manuel Eive Vilar, asasinado en 1946 nunha emboscada da Garda Civil; Ramiro Paz Romeu, morto en enfrontamento coa Garda Civil en 1940.
Internárono na cadea no Castelo de San Felipe, en Ferrol (A Coruña), co seu irmán Celestino.
Cando os puxeron en liberdade, as forzas públicas seguiron a desconfiar de Florentino.
Uns gardas civís disfrazados de guerrilleiros pedíronlle comida e, ao entregárllela, detivérono. Tentou fuxir e ferírono nunha perna.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Ferrol na causa 98/51 polo delito de auxilio a bandoleiros.
Condenárono a máis tempo de prisión e pasou polo penal de Lavacolla, en Santiago de Compostela (A Coruña), onde coincidiu con Francisco Meizoso Seijo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.