Nacemento:
Morte:
Avogado, xornalista e político, 24 anos. Casado con María de los Ángeles Suances Pereiro; tiveron unha filla e dous fillos: María-Consuelo, Antonio e Javier. Veciños de Sarria. Irmán de Julio Páramo Sánchez, encarcerado. Sobriño de José Sánchez Arias, Abelardo Páramo Losada e Vicente Páramo Losada.
No ano 1931 era director do xornal La Voz de Sarria e en 1933 do xornal Loita.
No seu bufete de avogado traballaba como secretario Leandro Castro González.
Destacado avogado, ocupou a presidencia da sociedade La Unión de Sarria. Un dos organizadores do Partido Republicano na comarca de Sarria. No ano 1934 era vogal provincial do Partido Republicano Galego (PRG). Accede a alcaldía aos 24 anos, despois do triunfo da Fronte Popular (FP), cando militaba nas filas de Esquerda Republicana (ER) e da que era o presidente local. Compromisario en abril de 1936 para a elección do presidente da República Manuel Azaña Díaz.
Fuxido. Encarcerado.
Cando se produce o golpe militar foxe e perseguírono os golpistas durante toda a guerra civil.
Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 28/08/1936 por tenencia de armas e auxilio á rebelión, na causa 185/36, na causa 909/36 e na causa 1346/36, co resultado en todas elas de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Xulgado en Lugo, na causa 185/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. No procesamento ditaron auto de sobresemento para Antonio Díaz Gallego.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión, na causa 909/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Proceso seguido contra varios veciños de Paradela.
Condenaron á pena de morte a: Juan Abella Armesto, David Arias López, José-María Arias López, José Castaño Díaz (conmutada pola de cadea perpetua), Alejandro Castro Castro, José-Ramón Dosío López, Marcelino López López, José-Ramón López Méndez, José-Benito López Rodríguez, Pedro López Rodríguez, Jesús Pérez Fernández (conmutada pola de cadea perpetua), Daniel Pérez López, Inocencio Rodríguez Bergantiños, Avelino Rodríguez López e Ramón Vázquez Fernández.
Castigaron a cadea perpetua a: Daniel Castro López, Manuel Díaz González, Julio López González, Benigno López Rodríguez, Adolfo Pérez Pérez e Ramón Rego López.
A 20 anos de cadea sentenciaron a Emilio Rodríguez López.
Penas de 15 anos para: Antonio Arias Aceiro, Teodoro Arias Fernández, Enrique Díaz Vázquez, Manuel González Fernández, Pedro-Juan López López, Gumersindo López Rodríguez, Julio López Rodríguez, Manuel Méndez Vázquez, José Ojea Méndez e José-María Pérez Méndez.
Sentenzas de 12 anos a: Manuel González Páramo, Julio López Arias e Manuel López López.
Prisión temporal para: José Jorge Neira e Salvador Rodríguez García.
Descoñécense as sentenzas de: Marcial Cedrón González e Avelino Vázquez López.
Sobresemento provisorio a Francisco López Vila.
Embargáronlle bens a Eduardo González Díaz.
Sentenza de absolución para: Francisco González López, Manuel Limeres Penado, José López López e Domingo-Antonio Rodríguez González.
Declararon fuxidos e en rebeldía a: José Boado Armesto, Severino Díaz López, Elías López Armesto, Domingo-Antonio López Díaz, Avelino López López, Benjamín López López, Plácido López López, Jesús Mazaira Pérez, Antonio Páramo Sánchez e Daniel Tejón Arias.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 1346/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Neste xuízo ditouse sentenza de sobresemento provisorio para: Guillermo Fernández González e Manuel Montero Montero. Declararon fuxidos a: Pedro Díaz Vázquez e Antonio Páramo Sánchez.
Andou en fuga durante 12 anos e ocultouse en San Sadurniño de Chave, O Saviñao (Lugo). Confiscáronlle o seu patrimonio. Finalmente presentouse ás autoridades franquistas no ano 1948.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza a dous anos de cadea segundo resolución do día 20/08/1949.
Ao saír da cadea instalouse en Lugo, onde exerceu de avogado.
Procesárono en Lugo por responsabilidades políticas en xuño de 1940 e sancionárono cunha multa de 100.000 pesetas. Indultárono no ano 1960.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.