Nacemento:
Morte:
Avogado e político, 27 anos. Veciño da rúa Progreso, 106, en Ourense. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (USC), que rematou no ano 1931.
Militante de Esquerda Republicana (ER) e presidente da Agrupación Local de ER en Ourense, nomeárono delegado de Traballo en Ourense en xaneiro de 1936, emprego do que dimitiu en marzo. Asesor do gobernador civil interino de Ourense Fructuoso Manrique Martín e, despois, do gobernador titular Gonzalo Martín March.
Executado.
Cando se produce o levantamento militar participou na organización da resistencia contra os fascistas, baixo as ordes do gobernador Martín March, estendendo autorizacións para uso de armas.
O novo gobernador civil Manuel Quiroga Macía ordenou a súa detención ao capitán da Garda Civil Juan Ros, o que se produce o día 25/08/1936. Ao coche no que viaxaba coa súa irmá detivérono na Puebla de Sanabria (Zamora); Eduardo deuse á fuga. Localizárono e prendérono varios axentes de policía, que se desprazaran desde Ourense.
Xulgado en consello de guerra en Ourense o día 23/03/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 598/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Marcial García Barros, Higinio López Barrio, Eduardo París Villar, Manuel Suárez Castro, Antonio Taboada Novoa e Bernabé Vecino Martín; pena de cadea perpetua para Anselmo López García; pena de 12 anos e un día para Marcelino Otaduy Vázquez; a sentenza declarou fuxidos a: Gumersindo Núñez Muñoz e Germán Rodríguez Yáñez.
Fusilárono os golpistas no Campo de Aragón do Cuartel de San Francisco, en Ourense.
Nese mesmo día e lugar asasinaron a: Antonio Colmenero Villamarín, obreiro; Ramón Figueiras Añel, carpinteiro; Camilo Gago González, obreiro; José González González, labrego; Higinio López Barrio, alguacil; Eduardo París Villar, avogado; Manuel Suárez Castro, canteiro, e Antonio Taboada Nóvoa, tipógrafo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.