← Volver atrás

Pato Fidalgo, Ángel

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Colaboracionista. Axustizado

Nacemento:

Milreu, San Vicente de Fervenzas, Aranga
(A Coruña)
- 01/01/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Milreu
- 13/08/1947 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 47 anos. Casado con Carmen Calvo; tiñan unha filla. Veciños de Milreu.

Colaboracionista. Axustizado.

Na noite do 25 ao 26 de xuño durmían na palleira da casa de Francisca Lata Espiño dez combatentes da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), aos que arrodeou a Garda Civil de Curtis (A Coruña) e á que semella que alertara o taberneiro Ángel Pato Fidalgo, informado polo infiltrado na guerrilla José Dasilva Bartomeu.

Os guerrilleiros acusaron a Pato de ser o delator, pero non queda claro; outras fontes sinalan ao propio Foucellas e a José Gómez Santamaría.

Avelino Rivas Pombo, Edelmiro, o Rubio; Benigno Andrade García, Foucellas; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Francisco Cousillas Pombo; Emilio Pérez Vilariño, Claudio Beas, e Pedro Calvete Brea conseguiron evadir o cerco por estar nunha casa distinta. Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer; Lisardo Freijo López, Tenente Freixo; Ángel Álvarez Rego e José Doldán Don, Daniel, morreron tiroteados pola Garda Civil nesta emboscada.

Certas fontes sinalan que se negou a dar acubillo a uns guerrilleiros.

No ano 1947 a guerrilla antifranquista axustizou a Ángel Pato Fidalgo e abriuse a causa 433/47 no Tribunal Militar Territorial da Coruña por mor do seu pasamento.

Morte rexistrada ás 17:00 h por mor dunha intensa hemorraxia cerebral.

Semella que quen o denunciou foi o seu sobriño político Jose Dasilva Bartomeu.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha