Nacemento:
Morte:
Avogado, diplomático, xornalista, escritor e político, 37 anos. Casado con Elena Olmos Mesa; tiveron un fillo: Leandro. Estudou Maxisterio na Coruña e licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1917.
Membro das Irmandades da Fala da Coruña.
Colaborou con Nuevo Heraldo, El Liberal, El Norte de Castilla, El Sol e El Noticiero Sevillano.
Secretario político de Manuel Portela Valladares. Co golpe de Estado de Miguel Primo de Rivera Orbaneja, regresou para A Coruña para exercer o xornalismo en El Noroeste e, logo, en El Orzán.
No ano 1926 faise cargo da presidencia da Federación Labrega de Ortigueira e intégrase no Partido Agrario Republicano (PAR). No ano 1931 era o xefe do Partido Agrario (PA).
Amigo persoal do presidente da República Niceto Alcalá-Zamora Torres.
Na II República formou parte en 1931 dunha gran fronte electoral, que lideraba Santiago Casares Quiroga, e que se denominou Federación Republicana Galega (FRG), pola que obtivo acta de deputado nas Cortes Constituíntes do día 28/06/1931. Nas eleccións de 1933 elixírono de novo deputado polo Partido Republicano Galego (PRG).
No "Bienio Negro" (1933-1935) arredouse de Casares Quiroga e incorporouse ao Partido Republicano Radical (PRR) de Diego Martínez Barrio. O día 08/10/1933 nomeárono ministro de Mariña, converténdose no ministro máis mozo da República. Este cargo só o desenvolveu durante escasos dous meses.
Coa vitoria da dereita nas eleccións de novembro de 1933, o presidente Alejandro Lerroux García noméao ministro de Estado e deixa este cargo no ano 1934 para converterse en ministro sen carteira ata abril de 1935. Embaixador no Vaticano, traba amizade con quen logo sería o papa Pio XII.
Despois do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 deixa o cargo de embaixador, retírase da política e volve para A Coruña onde o sorprende o golpe militar. Nestas eleccións do 16/02/1936 a Cortes, Leandro obtén o cuarto posto no número de votos, cun total de 11.045 votos, por detrás de Emilio González López (FP), Luis Cornide Quiroga (independente) e Benito Blanco-Rajoy Espada da Confederación Española de Dereitas Autónomas (CEDA).
A súa aliñación coas forzas da dereita custoulle o seu escano nas Cortes.
Exiliado.
Despois do alzamento sofre varias tentativas de rapto no seu domicilio na Coruña e sucesivas ameazas; acusárono incluso de masón. Un coche do seu amigo Pedro Barrié de la Maza pasouno o día 22/11/1936, vía Tui, cara Lisboa (Portugal) onde permanece uns meses.
A pesares de ser un político moderado e católico practicante, ten que exiliarse, primeiro en Portugal e logo en Bos Aires, cara onde se dirixe en marzo de 1937; alí reuniríase máis tarde coa súa familia. No país austral volveu estudar Dereito e exerceu como avogado.
Non volve a España ata o ano 1960, aínda que nunca o fai de xeito definitivo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.