← Volver atrás

Poza Pastrana, Luis

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado. Depurado

Nacemento:

Pontevedra
(Pontevedra)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Caeira, San Salvador de Poio, Poio
(Pontevedra)
- 12/11/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico e político, 27 anos. Solteiro. Veciño de Pontevedra. Fillo do médico Celestino Poza Cobas, encarcerado; irmá de Celestino Poza Pastrana, encarcerado co seu pai, e de Aurora Poza Pastrana, dona do avogado José Adrio Barreiro, executado con Luis. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e exerceu de médico no Gran Hospital Provincial de Pontevedra.

Socio do Centro Republicano. Militante primeiro do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) e despois do Partido Galeguista (PG) desde o día 01/08/1935, sendo o seu secretario xeral en Pontevedra no ano 1936. Nas eleccións de febreiro de 1936 participou nos mitins a favor da candidatura da Fronte Popular (FP) e na campaña a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).

Executado. Depurado.

Xunto a Alejandro Bóveda Iglesias, entre outras persoas, participou na defensa do Goberno Civil de Pontevedra fronte ao movemento golpista. O día 02/08/1936 confínano na Escola Normal de Pontevedra, que os falanxistas converteran en cadea.

Destituírono da súa praza de médico o día 18/08/1936.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Pontevedra o día 01/11/1936 polo delito de traizón, na causa 660/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste xuízo procesaron e condenaron á pena de morte a: José Adrio Barreiro, Luis-Telmo Bernárdez Santomé, Víctor Casas Rey, Ramiro Paz Carvajal, Luis Poza Pastrana, Benigno Rey Pavón e Juan Rico González.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Fusilárono os golpistas con outras nove persoas no Monte da Caeira, no quilómetro 1 da estrada de Campañó.

Nesta acción asasinaron a: os médicos Amancio Caamaño Cimadevila, Luis-Telmo Bernárdez Santomé e Luis Poza Pastrana (cuñado de José Adrio Barreiro); os mestres Paulo Novás Souto, Germán Adrio Mañá e Benigno Rey Pavón; o editor Ramiro Paz Carvajal; o avogado José Adrio Barreiro; o xornalista Víctor Casas Rey e o capitán da Garda de Seguridade e Asalto Juan Rico González.

Morte rexistrada a causa dunha hemorraxia interna.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.