← Volver atrás

Rico González, Juan

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 01/01/1895 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Caeira, San Salvador de Poio, Poio
(Pontevedra)
- 12/11/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 41 anos. Casado con Blanca Rodríguez Sáez; tiveron unha filla e dous fillos: Blanca (15 anos), Juan (14 anos) e Alfonso (5 anos). Veciños de Pontevedra. Capitán da Garda de Seguridade e Asalto, mandaba a 31ª Compañía en Pontevedra. Irmán do profesor Víctor Rico González, exiliado.

Executado.

O capitán Rico avisou o día 16/07/1936 ao gobernador civil Gonzalo Acosta Pan dos preparativos golpistas e propúxolle a detención dos xefes militares e dos civís que colaboraban con eles, pero o gobernador non lle prestou demasiada atención e enviouno a Vigo (Pontevedra), de onde regresou o día 18. Nese día 18 de xullo reuniuse coas Xuventudes Socialistas (XXSS) e dirixentes da Fronte Popular (FP) para entregarlles armas da garda municipal e do cuartel de Asalto, pero incapacitouno o gobernador civil.

Despois do movemento rebelde prendérono os fascistas.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 01/11/1936 polo delito de traizón, na causa 660/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste xuízo procesaron e condenaron á pena de morte a: José Adrio Barreiro, Luis-Telmo Bernárdez Santomé, Víctor Casas Rey, Ramiro Paz Carvajal, Luis Poza Pastrana, Benigno Rey Pavón e Juan Rico González.

Fusilárono os golpistas con outras nove persoas no Monte da Caeira, no quilómetro 1 da estrada de Campañó.

Nesta acción os fascistas asasinaron a: os médicos Amancio Caamaño Cimadevila, Luis-Telmo Bernárdez Santomé e Luis Poza Pastrana (cuñado de José Adrio Barreiro); os mestres Paulo Novás Souto , Germán Adrio Mañá e Benigno Rey Pavón; o editor Ramiro Paz Carvajal; o avogado José Adrio Barreiro; o xornalista Víctor Casas Rey e o capitán da Garda de Seguridade e Asalto Juan Rico González.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha