Nacemento:
Morte:
Fillo de Domingo Rodríguez Fernández e Amalia López Ojea, asasinados.
Fuxido.
O seu irmán Rogelio pasouse ao bando republicano polo que detiveron ao seu pai e a el, pasando seis meses na prisión do Barco de Valdeorras. Ao saír da cadea alistárono no exército golpista e ferírono en combate na Fronte do Ebro; enviárono á súa casa para recuperase e entobouse co seu irmán Rogelio.
O día 30 de xaneiro de 1939 prodúcese un rexistro da Garda Civil e atopan a Rogelio e a Sebastián agochados; no enfrontamento a tiros morreu o garda civil Joaquín Seoane e ferido nunha man o número Jesús Rodríguez Polo. Os dous irmáns fuxiron ao monte e á súa nai e á súa irmá Consuelo detivéronas e encarceráronas no Barco de Valdeorras. Ao saber desta detención, o pai presentouse no cuartel e tamén o arrestaron.
Na casa embargáronlles todos os bens e vendéronlles o gando. Venderon o que tiñan e refixeron malamente a vida. Na súa casa tiveron acollida moitos dos fuxidos e todos os membros da súa familia convertéronse en enlaces da guerrilla.
O día 18/10/1939, os seus pais finaron axustizados en Soulecín por un pelotón de lexionarios do I Terzo da III Bandeira da Lexión, que mandaba o entón tenente Sergio Peñamaría de Llano. Os catro irmáns Domingo Rodríguez López, o Xirolo, Inca; Rogelio Rodríguez López, Sebastián Rodríguez López e Alfonso Rodríguez López, o Galego, fuxiron ao monte e formaron parte do grupo que dirixía Manuel Álvarez Arias, Bailarín. Caerían en combate contra das forzas franquistas entre 1941 e 1949.
Aos seus pais asasináronos nas aforas do pobo e soterrados na veira do camiño. O soldado que se ofreceu voluntario para fusilalos morrería ás mans de Rogelio e Sebastián o día 13/05/1940, era Luis Zarracina Rodríguez, natural de Xixón (Principado de Asturias).
As súas irmáns Consuelo Rodríguez López, Chelo, e Antonia Rodríguez López actuaron como axentes do Servizo de Información Republicano (SIR) e como enlaces da guerrilla, estiveron presas en varios cárceres. Cando a súa vida se puxo en perigo real, tamén escaparon ao monte.
Edelmiro Alonso García, Delmiro, desertou do exército franquista en 1937, uniuse á resistencia e pasou á guerrilla en 1940, coa súa dona Adoración Campo Canedo, exiliada en Francia máis tarde. No verán de 1941 operaba na zona de Trives (Ourense) no grupo de Mario Rodríguez Losada, Mario de Langullo, o Pinche; Gervasio Cereijo Veiga,Trenzas e Sebastián Rodríguez López. Neste grupo tamén estaba Gregorio Colmenero Fernández.
Nun enfrontamento cos represores en Borruga, Sebastián finou morto a causa dun disparo accidental do seu compañeiro Bernardino García García.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.