Nacemento:
Morte:
Militar, escritor e xornalista, 41 anos. Casou o 13/03/1920 en Madrid con Teresa Fernández. Era o último de seis irmáns, o seu pai morreu antes de que el nacera e a súa nai finou cando Vicente tiña 13 anos. En 1911 ingresou na Academia de Infantería de Toledo como orfo de militar. Veterano da Guerra de Marrocos desde 1915. Ascendérono a capitán e xuño de 1918 e no ano 1922 era profesor na Academia de Infantería de Toledo, onde permaneceu case que dez anos.
Despois de que se proclamara a II República, en agosto de 1932 ingresa na Escola Superior de Guerra en Madrid para formarse como oficial de Estado Maior, diplomándose no ano 1936, xa como comandante. Poucos días despois, o seu antigo xefe, o xeneral José Sanjurjo Sacanell dirixe un intento de rebelión. Vicente Rojo comprobou, nos seus sucesivos destinos, como se fraguaba o futuro conflito e tentárono para que se sumase á posible revolta.
Procesado. Depurado. Exiliado.
Cando comeza a guerra civil mantívose leal á República e participou na reorganización das forzas republicanas. Os receos sobre o estamento militar do presidente do Goberno, José Giral Pereira, conducírono ao desmantelamento do Exército; esta situación muda en agosto e reactívase a reorganización para facer fronte ás tropas fascistas que avanzan por Estremadura cara Madrid.
Vicente Rojo, enviado polo presidente Francisco Largo Caballero, tentou negociar a rendición do Alcázar de Toledo, resistencia que dirixía José Moscardó Ituarte; non conseguiu que se rendera.
En outubro de 1936 ascende a tenente coronel e designárono xefe do Estado Maior da Defensa en Madrid, baixo o mando de José Miaja Menant. Preparou un eficaz plan de protección da capital que evitou a súa caída en mans dos alzados pola prefecta organización das milicias; isto carrexoulle grande popularidade. Tivo como axudante a Francisco Antón Sanz, cando Indalecio Prieto Tuero decretou que os comisarios políticos se incorporaran á fronte.
Cando o Goberno republicano se traslada a Valencia o día 06/11/1936, o xeneral Sebastián Pozas Perea queda ao mando do Exército do Centro e Miaja como xefe da Xunta de Defensa de Madrid. Nos momentos nos que o exército franquista ataca a cidade prodúcense accións de guerra de novembro de 1936 ata marzo de 1937, sen que os rebeldes poidan tomar Madrid. "Si el general Miaja era la voz de mando, Rojo era la cabeza pensante y la voluntad organizadora".
En marzo de 1937 ascende a coronel e en maio, no executivo que preside Juan Negrín López, noméano xefe do Estado Maior Central con destino en Valencia. En outubro dese ano ascende a xeneral. Propuxo o "Plan P" para dividir ao exército sedicioso ao tentar unha incursión para acadar a fronteira con Portugal por Estremadura; contaba co apoio de Negrín e do presidente da República Manuel Azaña Díaz, pero o Consello de Goberno non o apoiou.
A operación máis ambiciosa de Vicente Rojo foi a ofensiva sobre o Ebro, que deu lugar á longa batalla do Ebro, desde o 25/07/1938 ata o día 16/11/1938. Cando cae Barcelona, que segundo Rojo tiña os mesmos medios defensivos que Madrid no ano 36, manifestou "se perdió simple y llanamente por no haber voluntad de resistencia".
Despois desta perda aconselloulle a Juan Negrín o remate da guerra, pero Negrín negouse. Rojo preocupouse entón de garantir a retirada das tropas republicanas cara Francia.
Exiliouse en Francia coa súa familia. Neste exilio comprobou a situación penosa nos campos de concentración e queixouse diante de Negrín.
O día 11/08/1939 parte cara Bos Aires (República Arxentina) coa súa familia no barco Alcántara. En 1943 trasladouse a Bolivia e impartiu clases aos oficiais do exército boliviano ata 1945.
En marzo de 1957 regresou a España, procesárono e condenárono a cadea perpetua, interdición civil e inhabilitación absoluta polo delito de auxilio á rebelión. Absolto da pena de cárcere, mantívoselle a pena de inhabilitación; "se me ha reducido a la muerte civil". De feito, moitos antigos amigos da familia retiráronlle o saúdo.
Faleceu na casa do seu sogro en Madrid por mor dun enfisema pulmonar agravado polo seu tabaquismo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.