Nacemento:
Morte:
Peón albanel, 40 anos. Veciño da rúa Orzán, 101-baixo, na Coruña.
Secretario da Sección de Peóns do Sindicato Único do Ramo da Construción na Coruña, da CNT. Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal. Afiliado da Federación Anarquista Ibérica (FAI).
Paseado.
Participou na rede clandestina de anarcosindicalistas da Coruña despois do golpe militar rebelde.
Morte rexistrada ás 03:00 h na Coruña a consecuencia de disparos de arma de fogo, que lle ocasionaron unha hemorraxia cerebral.
Vítima da operación policial desenvolta contra a reorganización da FAI na Coruña.
Asasinado no Campo da Rata, na Coruña, con Antonio Varela Miguélez e José González González, ao aplicárselles a Lei de Fugas nun suposto intento de fuxida.
Soterrárono o día 14 de xullo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Enrique Fernández Díaz, José González González e Antonio Varela Miguélez.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión na causa 992/37.
Neste xuízo procesaron, entre outras persoas, a: Fernando Caamaño Pérez, Alejandro Delgado Fernández, Alicia Dorado Viso, Antonio Fournerakis, José González González, Carlos Míguel Pérez, María Otero González, Alejandro-Basilio Palacios, Jesús Rodríguez, Santiago Sanjurjo López, José Torres Regueira, José Valeiro Caramés e Antonio Varela Miguélez.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.