← Volver atrás

Eive Vilar, Manuel

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

San Vicente de Regoela, Cabanas
(A Coruña)
- 01/01/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Regoela
- 02/08/1946 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Ferreiro, 23 anos. Irmán de Josefa Eive Vilar, de José Eive Vilar, de Evaristo Eive Vilar, de Carmen Eive Vilar e de María Eive Vilar, casada co anarquista Pascual Carballo, e que vivían nos Estados Unidos. Veciño dos Xicos, Regoela.

De ideas socialistas pero sen militancia.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Coa sublevación do 36 fuxiu e marchou para os montes da zona do Eume cos seus irmáns Evaristo Eive Vilar e José Eive Vilar e moitos outros veciños. Tivo unha filla mentres que andou fuxido.

Estiveron agochados nas fragas de Soaserra varios escapados: Antonio Vilar Pereira, fuxido no Santa Teresa; Juan Anca Arnoso (curmán da muller de Antonio Vilar); Manuel Piñeiro Antón, Manolo do Menor, fuxido no Santa Teresa; Amandino Arnoso; Manuel Rodríguez Pérez, Galán, fuxido no Santa Teresa; Celestino Otero Paz, encarcerado; Florentino Otero Paz, Floro, encarcerado; Jesús López Ardao, Someiro, exiliado; Vicente Bouza Pereira, que era algo atrasado; Ramiro Martínez López, Zapateiro, encarcerado; Juan Vilar Pazos, morto no monte en 1943; Ramón García Rodríguez, Manteiga; Francisco Barcia Martínez, Paco da Casanova; José Vázquez Mauriz, Patitas, eliminado pola propia guerrilla en 1951; Ramiro Martínez Rodríguez, Ramiro Grande, paseado en 1942; Manuel Eive Vilar, asasinado en 1946 nunha emboscada da Garda Civil; Ramiro Paz Romeu, morto en enfrontamento coa Garda Civil en 1940.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de deserción co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Unha vez fuxido integrouse no grupo guerrilleiro liderado por José Vázquez Mauriz e Ramiro Martínez López que loitaban na bisbarra do Eume.

Na primavera de 1944 organizou co seu irmán Evaristo Eive Vilar; Ramiro Carbón Forno, Carbón, o Lagoa; Ramiro Martínez López, Zapateiro, e José Vázquez Mauriz, Patitas, un grupo guerrilleiro no que moitos dos membros eran desertores da Base Naval de Ferrol (A Coruña). Entre eles estaba Manuel Piñeiro Antón, Manolo do Menor.

Asasinado nunha emboscada da Garda Civil en Regoela, o día 02/08/1946, preto da súa casa e por mor dunha delación, cazado coma un coello e polas costas. Saía da súa casa, de onde viña de mudar a roupa.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.