← Volver atrás

Ferreirós Martínez, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

Boiro
(A Coruña)
- 01/01/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro, 25 anos. Veciño de Cimadevila, Santa Baia de Boiro, Boiro. Alguacil no Concello de Boiro.

Militante das Xuventudes Socialistas (XXSS) en Boiro.

Fuxido.

Foxe na evasión da lancha a motor San José nº 2, desde Cabo de Cruz, Boiro, ao porto de Leixões (Matosinhos, Portugal) o día 27/07/1936. Fuga que organizara o alcalde en funcións de Boiro, José Martínez Virel. Os 19 fuxidos desembarcaron no porto de Leixões, prendéronos e recluíronos no Forte de São Bruno de Caxías, Oeiras (Portugal).

Nesta operación fuxiron os seguintes veciños de Boiro: Cipriano-Juan-Emilio Blanco Fuciños, funcionario municipal; Marcial de Diego Andreu, funcionario municipal; Antonio Ferreirós Martínez, mariñeiro; Antonio Lago Outeiral, carpinteiro; José Martínez Virel, mestre; José-Manuel Muñiz Santiago, mariñeiro; Manuel Ojea Torrecilla, mecánico; Juan-Antonio Somoza Outeiral, ferreiro; Ramón Somoza Rebollido, ferreiro; Victoriano Somoza Rebollido, ferreiro, e José Viturro Ozores, mariñeiro.

Tamén escaparon os veciños da Pobra do Caramiñal (A Coruña): Antonio Domínguez Fontán, funcionario municipal; Carlos-Segundo Iglesias Rodríguez, mecánico; Pastor Núñez Cariño, funcionario municipal; Antonio Pérez Gómez, mecánico, e Manuel-Venerando Porteiro Viña, funcionario municipal.

De Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) fuxiron: Pedro Díaz Abalo, comerciante; José-Manuel-Bernardino Rodríguez Alarcón, médico, e Elpidio Villaverde Rey, industrial, deputado nacional por ER.

Xulgado en consello de guerra polo delito de rebelión co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Rematou por incorporarse en Tarragona á fronte de guerra.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha