Nacemento:
Morte:
Militar, 61 anos. Casou no ano 1901 con Genoveva Martí Tovar; tiveron tres fillas e un fillo: Ernestina, Mercedes, María e Gonzalo. Aos 18 anos ingresou na Academia de Cabalería de Valladolid. Estivo na guerra colonial en Cuba, onde ascende a capitán por méritos de guerra. No ano 1909 xa combate na Guerra de Marrocos e en 1912 era coronel. En 1916 volveu á península. No ano 1923 ascendérono a xeneral de brigada e en 1924 estaba de novo en África.
Crítico coa ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja, polo que o enviaron á reserva no ano 1928 por “indisciplinado, díscolo y difícil de ser mandado”. Conspirou para derribar a monarquía de Alfonso XIII e exiliouse en Portugal e en Francia. Mentres conspiraba contra da monarquía con Miguel Cabanellas Ferrer e o comandante Ramón Franco Bahamonde, o día 12/12/1930 prodúcese a fracasada Sublevación de Jaca, na que participan dous dos fillos de Cabanellas. Converteuse nun popular heroe pro-republicano e cesárono como militar.
Co triunfo da II República volveu a España con todos os honores e designárono capitán xeneral de Madrid, contribuíndo ás reformas militares propugnadas por Manuel Azaña Díaz. Ascendérono a xeneral de división e foi xefe do Cuarto Militar do presidente da República, Niceto Alcalá-Zamora Torres, do que chegou a ser consogro.
Pouco a pouco rematou por desencantarse coa política republicana. No Goberno de Alejandro Lerroux García nomeárono inspector xeral do Corpo de Carabineiros. Desde a destitución de Alcalá Zamora e xunto cos xenerais Emilio Mola Vidal e José Sanjurjo Sacanell, sería un dos líderes da planificación da sublevación militar contra o executivo da Fronte Popular (FP). O presidente do Goberno, Santiago Casares Quiroga, nunca foi quen de desconfiar da súa lealdade á República.
Golpista.
Cun número reducido de homes dirixiu o golpe militar en Sevilla, baluarte fronte-populista e iniciou unha forte purga, que entre xullo de 1936 e xaneiro de 1937, lle custou a vida a máis de 3000 persoas.
Destacou polo uso da radiodifusión como medio de guerra psicolóxica a través de Unión Radio, S.A. de Sevilla. Seguramente fora o máis activo propagandista e incitador dos sediciosos. Estas emisións suspendeunas o novo réxime en febreiro de 1938.
Adicouse á “limpeza política”. Tiña unha vontade premeditada de programada de aniquilamento da democracia aplicando a brutalidade e o asasinato sen formación de causa; ata febreiro de 1937 non se implantaron os consellos de guerra en Andalucía. Algunhas testemuñas falan de 150.000 execucións durante o seu mandato.
Nomeárono xeneral xefe do Exército de Operacións do Sur, asumiu o mando militar e civil, actuando con total independencia e chegando a ser coñecido como o "virrey de Andalucía".
En xaneiro de 1937 dirixiu a toma de Málaga, que concluíu cunha das maiores matanzas de civís de toda a guerra española, a coñecida por La Desbandá.
Implacable perseguidor da figura política do ex-presidente Manuel Portela Valladares, do que creou a súa imaxe franquista de covarde e traidor, chea de mentiras. Acusouno de traidor por entregar o Goberno á Fronte Popular (FP) o que deu pé para o golpe de Estado e a guerra civil, acusando a Portela de ser o culpable real do golpe e da guerra.
Ao remate da guerra ascendérono a tenente xeneral.
Con este vicerreinado e coa súa fulgurante figura remataron o cuñado de Franco, Ramón Serrano Suñer e o xeneral José-Enrique Varela Iglesias, que convenceron a Franco.
Pouco a pouco o ditador Francisco Franco Bahamonde que, de sempre, non lle tiña demasiada simpatía, postergouno e relevouno dos mandos en xullo de 1939. De heroe pasou a vilán e o ditador enviouno a unha misión militar ficticia a Italia para arredalo de España.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.