← Volver atrás

Serrano Suñer, Ramón

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

Cartagena
(Murcia)
- 12/09/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 01/09/2003 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado e político, 34 anos. Licenciado en Dereito en 1923 pola Universidade Central de Madrid. Na facultado fixo amizade con José-Antonio Primo de Rivera Sáenz de Heredia  (fillo do ditador Miguel Primo de Rivera Orbaneja), e con Raimundo Fernández-Cuesta Merelo. Destinado en Zaragoza, coñeceu á cuñada de Francisco Franco Bahamonde, coa que casou en 1932, con Franco e José-Antonio como padriños.

Deputado en 1931 por Zaragoza. Deputado en 1933 pola Confederación Española de Dereitas Autónomas (CEDA), aínda que non era militante, xa que estaba máis cerca de Acción Española (AE). Nas eleccións de 1936 tamén obtivo acta de deputado por Zaragoza.

Organizou un encontro do seu cuñado con José-Antonio, encontro que non acadou resultados. No enfrontamento entre Franco e José-Antonio pola concorrencia conxunta nas listas electorais por Cuenca, diante da negativa de José-Antonio, Serrano Suñer tivo que convencer a Franco de que desistise.

Golpista.

Tivo coñecemento de que se preparaba un golpe militar. Cando a sublevación se leva a cabo achábase en Madrid e encarcerárono na prisión Modelo. Estaba na cadea cando, o día 22/08/1936, unha turba entrou na cadea e asasinou a moitos dos presos. Serrano Suñer puido salvarse, pero sería testemuña do fusilamento de Fernando Primo de Rivera Sáenz de Heredia e de Julio Ruiz de Alda Miqueleiz.

O día 20/01/1937 logrou evadirse desde unha clínica na que o internaran, vestido de muller; chegou a Alacante e de alí pasou a Marsella (Francia). Aos seus irmáns maiores sacáronos do cárcere das Ventas e paseáronos; a embaixada francesa denegáralles o asilo.

Reuniuse con Franco en Salamanca e converteuse no seu principal asesor, en detrimento de Nicolás Franco Bahamonde; coñeceuse como o "cuñadísimo" e foi quen propuxo o Decreto de Unificación de Falanxe Española (FE) coa Comunión Tradicionalista (CT). Agora mostrábase como se foxe un falanxista de sempre. Converteuse no home forte do fascismo español e en quen institucionalizou o Réxime.

Organizou un executivo con carteiras ministeriais con el a cargo do ministerio de Interior e afastou a Nicolás Franco do centro do poder, enviándoo de embaixador a Portugal. Tamén rematou co "vicerreinado de Andalucía" do xeneral Gonzalo Queipo de Llano Sierra e cos seus sermóns radiofónicos. Opúxose sempre a unha negociación da paz cos republicanos e chegou a propoñer a retirada da capitalidade a Madrid polo seu apoio aos republicanos.

Converteuse no segundo de a bordo, despois de Franco. Discrepou co seu cuñado por non unirse á causa nazi, posición que compartía con Juan Yagüe Blanco.

Ministro de Exteriores que cando Alemaña ocupou Francia, fixo intensas xestións para conseguir a extradición dos altos cargos republicanos no exilio. Moitas destas extradicións non se permitiron, molestándose en extremo polas denegacións das de Indalecio Prieto Tuero e de Juan Negrín López, que se evitaron coa connivencia das autoridades francesas.

As súas boas relacións con Alemaña conduciron ao encontro de Hendaia do día 23/10/1940 entre Franco e Adolf Hitler. Ningún dos dous saíu contento; Franco comentoulle "estos tíos lo quieren todo y no dan nada". Hitler manifestou "nos lo debe todo y ahora no se unirá a nosotros".

Serrano Suñer controlaba o partido, as forzas policiais e a prensa, compartindo o seu poder con outros dirixentes de FE. Franco desconfiaba do enorme poder que estaba acumulando os falanxistas e colocou a un antifalanxista, Valentín Galarza Morante, á fronte da carteira de Gobernación. Galarza fixo unha purga no seu ministerio, entre eles ao director xeral de Seguridade, José Finat, íntimo colaborador de Serrano. A presión sobre Serrano Suñer levouno a pedir a dimisión, pero Franco mantívoo en Exteriores.

As súas simpatías pro-nazis conduciron, cando a invasión alemá da fronte rusa, a creación da unidade dos voluntarios falanxistas da División Azul, baixo o mando do militar Agustín Muñoz Grandes.

A finais de 1941 os sectores militares e monárquicos fixeron presión a Franco para que relevara a Serrano Suñer. Os reveses alemáns de 1942 fixeron que a acción exterior de Serrano fose decaendo. Aumentaron os incidentes entre falanxistas e carlistas e monárquicos; en Bilbao produciuse un atentado falanxista, que se considerou un ataque contra o Exército. Volveu pedirse o seu cese e, en setembro de 1942, apartárono dos seus cargos.

Volveu exercer de avogado e mantivo o cargo de procurador en Cortes.

Faleceu a falta de 12 días para os 102 anos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.