← Volver atrás

Bernárdez Santomé, Luis-Telmo

Alcume: Telmo Bernárdez
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Redondela
(Pontevedra)
- 10/04/1885 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Caeira, San Salvador de Poio, Poio
(Pontevedra)
- 12/11/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico e político, 51 anos. Casado con Isabel Gómez Costas; tiveron cinco fillos e catro fillas: Telmo, Jesús, Isabel, Basilio, María, José-Benito, Rita, Pedro e Carmen; outro fillo morreu de corta idade. Veciños de Redondela. Pai dos mestres depurados e encarcerados Telmo Bernárdez Gómez e Jesús Bernárdez Gómez; a súa filla, tamén mestra, Isabel Bernárdez Gómez exiliouse coa súa nai e os irmáns máis pequenos en Portugal, Francia, Estados Unidos e México, onde chegaron no ano 1939. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Telmo era médico inspector de Sanidade e Redondela en 1923. Vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra.

Impulsor do agrarismo en Pontevedra. Elixido alcalde de Redondela o día 17/02/1923; renunciou o día 13/09/1923 cando triunfa a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja. Delegado gobernativo en Redondela. Xefe provincial de Esquerda Republicana (ER), en abril de 1936 elixírono compromisario para a elección do presidente da República, Manuel Azaña Díaz.

Editor de Nueva Gente e de La Opinión.

Era membro dunha loxa masónica.

Executado.

Despois do golpe de Estado asesorou ao Comité de Folga de Redondela, onde non houbo incidentes de gravidade. Detivérono os fascistas o día 05/09/1936 cos seus fillos Telmo e Jesús e pasou polos cárceres de Vigo (Pontevedra), Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra) e Pontevedra.

Cando o prenderon era delegado do Goberno na Confederación Hidrográfica do Miño.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Pontevedra polo delito de traizón, na causa 660/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste procedemento condenaron á pena de morte a: José Adrio Barreiro, Luis-Telmo Bernárdez Santomé, Víctor Casas Rey, Ramiro Paz Carvajal, Luis Poza Pastrana, Benigno Rey Pavón e Juan Rico González.

Fusilado con outras nove persoas no Monte da Caeira, no quilómetro 1 da estrada de Campañó.

Nesta acción asasinaron: os médicos Amancio Caamaño Cimadevila, Luis-Telmo Bernárdez Santomé e Luis Poza Pastrana (cuñado de José Adrio Barreiro); os mestres Paulo Novás Souto, Germán Adrio Mañá, Benigno Rey Pavón; o editor Ramiro Paz Carvajal; o avogado José Adrio Barreiro; o xornalista Víctor Casas Rey e o capitán da Garda de Seguridade e Asalto Juan Rico González.

A súa familia e círculo social sufriron duras represalias; muller e fillos remataron por exiliarse en México.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.