← Volver atrás

Dios Fernández, Camilo de

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Sandiás
(Ourense)
- 01/01/1933 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Sandiás
- 17/12/2019 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Sindicalista e político, 3 anos. Fillo de Jesús de Dios de Dios e de Carmen Fernández Seguín. Irmán de Perfecto de Dios Fernández, morto en enfrontamento.

Militante das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU).

Fuxido. Encarcerado.

A súa nai Carmen actuaba de enlace da oposición antifranquista despois do golpe de 1936 e el era unha das súas tapadeiras. O seu pai ocultouse no monte e el comezou a actuar de enlace con 13 anos, facéndose pasar por seminarista cando ía buscar material á Coruña.

En 1948, con 15 anos, incorporouse á loita armada contra o Réxime na II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).

Desta II Agrupación do EGG convértese en xefe militar Samuel Mayo Méndez, con Benigno Fraga Pita, Alejandro, como comisario político e delegado do PCE e na que se integran, entre outras persoas: Manuel Álvarez Novoa; Gumersindo Ansias Fernández, Sindo; Raúl Castro Cao, o Arxentino; Servando Cudeiro Prieto; Camilo de Dios Fernández; Perfecto de Dios Fernández; Carmen Fernández Seguín (nai de Camilo e Perfecto de Dios); César González González, Madriles; José-María Martínez Cerviño, Jaime; Manuel Nóvoa Barreiros; Máximo Nóvoa Barreiros; Antonio Pérez Barreiros, Cabila; Enrique Rey Durán; Manuel Rodríguez González; José-María Saavedra Díaz, Pepe; Lucio Saburido Feijoo; Ángel Santos Rodríguez, Antonio de Verín; Juan Selas e Juan Sorga Rodríguez.

Tiñan o refuxio na Edreira, San Pedro de Gabín, Montederramo (Ourense), na casa do matrimonio de Francisco Fernández Rodríguez, Galán, e Nieves González; Francisco sería asasinado pola brigadilla da Garda Civil en marzo de 1949 e a casa queimada.

No mes de xullo de 1948 formaba parte do grupo que mandaba Juan Sorga Rodríguez, Xanote, e no que se integraban tamén o seu irmán Perfecto; Antonio Pérez Barreiros, Cabila; Antón López; Manuel Nóvoa Barreiros e José-María Saavedra Díaz.

Esta partida tentou liberar aos líderes guerrilleiros Gayoso e Seoane condenados a morte e que agardaban o cumprimento da sentenza na Prisión Provincial da Coruña. A captura dun enlace, que debía facilitar a saída por mar, deu ao traste coa operación.

O día 18/03/1949 ferírono nun enfrontamento coa Garda Civil en Velle, nos arredores de Ourense, onde morreu Manuel Novoa Barreiro. Camilo e José-María Saavedra Díaz conseguiron fuxir cara Ourense, onde os cercaron gardas civís, policías e militares. A Saavedra malferírono de gravidade e tentou suicidarse, pero colléronos con vida; a Camilo tamén o feriron. Pasou dous meses preso en Ourense e logo trasladáronos á Coruña.

Xulgado nun consello de guerra que tivo lugar na Coruña o día 27/08/1949 polo delito de atraco, na causa 167/49, co resultado de sentenza á pena de morte.

Conmutáronlle a pena pola de 30 anos pola súa pouca idade.

Pasou polas cadeas de El Dueso, Santoña (Cantabria); Alcalá de Henares (Madrid) e Cuéllar (Segovia), de onde o liberaron o día 11/05/1959.

Deu pulo ás Comisións Campesiñas de Xinzo (Ourense) na década dos sesenta.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.