← Volver atrás

Dios Fernández, Perfecto de

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Sandiás
(Ourense)
- 03/02/1931 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Chaherrero, Crespos
(Ávila)
- 16/05/1950 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 5 anos. Fillo de Jesús de Dios de Dios e de Carmen Fernández Seguín. Irmán de Camilo de Dios Fernández, encarcerado. Estudou en Ourense.

Militante das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU).

Fuxido. Morte en enfrontamento.

A súa nai actuaba de enlace para a oposición antifranquista despois do golpe de 1936. O seu pai ocultouse no monte e o seu irmán Camilo, que comezara a actuar de enlace aos 13 anos, incorporouse á guerrilla en 1948 e capturárono no ano 1949.

Co tempo ingresou na II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).

Desta II Agrupación convértese en xefe militar Samuel Mayo Méndez, con Benigno Fraga Pita, Alejandro, como comisario político e delegado do PCE e na que se integran, entre outras persoas: Manuel Álvarez Novoa; Gumersindo Ansias Fernández, Sindo; Raúl Castro Cao, o Arxentino; Servando Cudeiro Prieto; Camilo de Dios Fernández; Perfecto de Dios Fernández; Carmen Fernández Seguín (nai de Camilo e Perfecto de Dios); César González González, Madriles; José-María Martínez Cerviño, Jaime; Manuel Nóvoa Barreiros; Máximo Nóvoa Barreiros; Antonio Pérez Barreiros, Cabila; Enrique Rey Durán; Manuel Rodríguez González; José-María Saavedra Díaz, Pepe; Lucio Saburido Feijoo; Ángel Santos Rodríguez, Antonio de Verín; Juan Selas e Juan Sorga Rodríguez.

Tiñan o refuxio na Edreira, San Pedro de Gabín, Montederramo (Ourense), na casa do matrimonio de Francisco Fernández Rodríguez, Galán, e Nieves González; Francisco sería asasinado pola brigadilla da Garda Civil en marzo de 1949 e a casa queimada. O casa era coñecida como O Balneario.

Perfecto formou parte do grupo ao mando de Juan Sorga Rodríguez, Xanote.

Dende outubro de 1948 o grupo de Juan Sorga tentou chegar a Francia. Na viaxe sorprendeunos a Garda Civil o día 16/05/1950 en Chaherrero; Perfecto morreu e á súa nai prendérona.

Enterrárono nunha fosa común fóra do cemiterio de Chaherrero.

Á súa nai Carmen xulgárona en Ourense e condenárona a 30 anos de prisión.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.