← Volver atrás

Nouche Costa, Antonio

Alcume: Dourado Xaneiro, o Soldado de Deixebre, Luis
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Bouzalonga, Santa María de Deixebre, Oroso
(A Coruña)
- 01/01/1924 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Probaos, San Vicenzo de Carres, Cesuras
(A Coruña)
- 04/03/1948 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 12 anos. Veciño de Santo Estevo de Trasmonte, Oroso, da Casa da Costa.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Facendo o servizo militar na Coruña, no Batallón de Transmisións, desertou do exército franquista en agosto de 1945 para marchar ao monte.

Uniuse á guerrilla. En agosto de 1947 e como castigo, aos seus pais e ao seu irmán Manuel encarceráronos en Ordes (A Coruña) e na Prisión Provincial da Coruña. Ás súas irmás María, Isolina e Dolores desterráronas a Soria, igual que á súa sobriña Carmen (filla de Isolina) e á súa cuñada Jesusa; non puideron volver ata que morreu Antonio

Pertenceu ao Destacamento Manuel Botana, da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que dirixía Manuel Ponte Pedreira, Xastre.

Neste destacamento estiveron, entre outras persoas: Juan Couto Sanjurjo, Simeón; José Dasilva Bartomeu, Moreno, Manolete; Manuel Díaz Pan, Rogelio, Casado; Antonio Nouche Costa, Dourado Xaneiro, o Soldado de Deixebre, Luis; Manuel Ponte Pedreira, Xastre, Negro, Pintor, Manolo Ponte, Miracielo, e Manuel Rodríguez Suárez, o Asturiano.

Acompañou a Manuel Ponte Pedreira e a outros no asalto á casa de Ramón Ferreiro Moar en Arderís, Santa Eulalia de Senra, Oroso.

Participou con Juan Couto Sanjurjo na operación que desarmou ao Somatén (corpo para-policial) da Baña.

Con Claudio Díaz Milia; Pedro Rodríguez Gómez; José Remuiñán Barreiro, Ricardito; José Blanco Núñez, Ferreirín, Pepito, e José Santiago Temprano, Henares, Hornaca, colaborou na sanción económica de 30.000 pesetas ao alcalde franquista de Cerceda.

O día 11/02/1947 semella que foi o autor dos disparos que remataron coa vida do xefe de Falanxe en Ordes, o zapateiro José Liñares Rama, Pepe de Rama, que tiña por honra alcumarse "O vinte e oito" pois presumía de ter asasinado 28 persoas das esquerdas.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Santiago de Compostela (A Coruña) na causa 145/47.

O día 04/03/1948 o capitán da 3ª Compañía da Garda Civil en Betanzos, José Méndez Villar, e dez gardas civís de Betanzos e Cesuras cercaron dúas casas na parroquia de Carres, na que se atopaba Antonio con José Blanco Núñez, Ferreirín. Houbo un enfrontamento e José Blanco logrou fuxir. A Garda Civil, matou a Antonio e aos habitantes da casa: María López Suárez, a Chinta; Manuel Mosquera Moar; Manuela López Suárez e Jacinto López Sánchez, acusados de ser enlaces. Posiblemente Manuela axudou a Nouche para permitir a fuxida de Ferreirín e outro guerrilleiro, que se acubillaban na casa do cura. Tamén morreron os números da Garda Civil Blas Sánchez Gómez e José Cano Gutiérrez.

Maria López e Manuel Mosquera, prendidos nesta acción, finaron asasinados ao día seguinte na aplicación da Lei de Fugas.

Como represalia á súa actuación de resistencia no monte, os seus pais Jesús e Dolores e o seu irmán Manuel pasaron polas cadeas de Ordes e da Coruña como castigo e escarmento. A persecución ampliouse a outros membros da unidade familiar; á súa irmá Isolina e á filla desta María del Carmen, a María, a Dolores e á súa cuñada Jesusa Cores desterráronas a Soria.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.