Nacemento:
Morte:
Funcionario e político, 45 anos. Casou en 1919 con Obdulia de la Colina Calzada; tiveron un fillo e unha filla: Francisco e Luisa. Veciños da rúa Troncoso, 6-2º esquerda, na Coruña. Funcionario municipal desde 1915, xefe de negociado de 3ª clase na Secretaría do Concello da Coruña e adscrito ao Goberno Civil. Tamén se adicou ao fútbol, xogou no Real Club Deportivo, e foi remeiro.
Republicano desde moi mozo. Militante do Partido Republicano Galego (PRG), foi secretario da xunta do distrito primeiro herculino. Co tempo pasouse a Esquerda Republicana (ER).
Socio do Casino Republicano coruñés.
Depurado. Executado.
Na noite do 17 ao 18 de xullo de 1936 convocouno no Goberno Civil da Coruña o gobernador, Francisco Pérez Carballo, con outras persoas das esquerdas desta cidade.
Detivérono os rebeldes o día 27/07/1936 co deputado Joaquín-Manuel Guzmán García, do que era secretario particular, seguindo os dous as mesmas vicisitudes.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo na Coruña os días 26 e 27 de agosto de 1936 polos delitos de traizón e rebelión militar, na causa 207/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Neste procedemento condenaron á pena de morte a: Joaquín-Manuel Guzmán García, Joaquín Martín Martínez, Ramón Maseda Reinante, Francisco Mazariegos Martínez, Francisco Prego Campos, Alfredo Suárez Ferrín e Manuel Vázquez González; castigaron a cadea perpetua a: José-María Eirís Carro, Enrique Rosende Calvo e Leovigildo Taboada Alvarellos; declararon fuxidos a: Martín Ferreiro Álvarez, José Moreno Torres e Marcelino Pan Insua.
Aos condenados a morte executáronos os franquistas no Campo da Rata, A Coruña, o día 31 de agosto ás 06:00 h.
Manifestoulle ao xuíz que estaba no Goberno Civil facendo xestións e cando soou o primeiro canonazo, de alí con García Guzmán e refuxiáronse na casa de María Patró Conde, na rúa Florida, 35-3º, na Coruña, onde os arrestaron. Tamén declarou que non fixera uso de armas. Negou que repartira armas e contradí as declaracións dos García García, Irmáns da Lixivia, asegurando que seguro que o fixeran por vinganza polas diferenzas de carácter político, ao colaborar Francisco na fractura do FP.
Soterrárono o día 31 de agosto nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Joaquín-Manuel Guzmán García, Joaquín Martín Martínez, Ramón Maseda Reinante e Francisco Mazariegos Martínez. Trasladárono a un nicho en maio de 1941.
Non se conserva o seu expediente persoal no Arquivo Municipal da Coruña (AMC).
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.