← Volver atrás

Prieto Tuero, Indalecio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Oviedo
(Principado de Asturias)
- 30/04/1983 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cidade de México
(México)
- 12/02/1962 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornalista e político, 53 anos. Orfo de pai moi novo, marchou cara Bilbao. Xornalista, foi redactor do xornal El Liberal, do que sería director e propietario.

Militante do PSOE en Bilbao desde 1899. Deputado provincial pola Conxunción Republicana Socialista en 1911 e concelleiro de Bilbao en 1917. Foxe a Francia despois da folga xeral de 1917. Sería crítico co executivo por mor da Guerra de Marrocos.

No período da ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja, con Fernando de los Ríos Urruti, enfrontouse á política colaboracionista do presidente do PSOE e da UXT, Julián Besteiro Fernández, apoiado por Francisco Lago Caballero na súa actitude de colaboración. Dentro do partido socialista lidera a facción máis moderada e enfrontada coa de Largo Caballero; os enfrontamentos entre os dous líderes levou a Indalecio a separase da dirección do partido e deixar o Comité Executivo.

Cando se proclama a II República, o día 14/04/1931, regresou de Francia con Diego Martínez Barrio e outros republicanos. Encargáronlle a carteira de Facenda no Goberno provisorio que presidía Niceto Alcalá-Zamora Torres. Opúxose ao voto feminino que defendía o seu grupo político e abstívose na votación. En decembro de 1931 ocupouse da carteira de Obras Públicas ata setembro de 1933.

A crise de setembro de 1933 provoca a saída dos socialistas do Goberno e que concorreran en solitario ás eleccións de novembro de 1933. A vitoria das dereitas e a posibilidade de que a Confederación Española de Dereitas Autónomas (CEDA) accedese ao Goberno, obrigou ao PSOE a preparar a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, na que Indalecio participou e do que sempre se arrepentiu. Indalecio Prieto era liberal e opúxose á radicalización das xuventudes socialistas (sempre foi contrario á violencia revolucionaria) e, como anticomunista, á colaboración co PCE e coa CNT.

Nas eleccións de febreiro de 1936 obtivo acta de deputado por Bilbao (Biscaia). Convencido de que a situación política e social remataría nunha guerra civil, levaba tempo sospeitando de Francisco Franco Bahamonde. Competiu pola presidencia do Goberno con Santiago Casares Quiroga; a este último elixírono co apoio de Largo Caballero.

O día 13/07/1936 o seu gardacostas, Luis Cuenca Estevas, o capitán da Garda Civil Fernando Condés Romero e outros, asasinaron ao líder de Renovación Española, José Calvo Sotelo. Condés e Cuenca deron conta dos feitos as autoridades socialistas. Condés incluso tiña decidido suicidarse, pero Indalecio Prieto díxolle que "lle ían sobrar ocasións para sacrificar heroicamente a súa vida na loita que, de xeito inevitable, comezará pronto, dentro duns días ou dentro dunhas horas". A Condés, a Cuenca e a outros implicados arrestáronos e interrogáronos. Condés e Cuenca morreron a finais de xullo na fronte da Serra de Madrid.

Exiliado.

Cando en setembro de 1936 era Largo Caballero presidente do Goberno, nomeouno ministro de Mariña e Aire. Despois dos sucesos de maio de 1937 en Barcelona, propuxérono para substituír a Largo Caballero, pero Indalecio apostou por Juan Negrín López, da súa mesma facción política, e a el designárono ministro de Defensa Nacional, posto no que decretou a incorporación á fronte de guerra dos comisarios políticos, o que lle valeu un enfrontamento con Francisco Antón Sanz.

Sendo ministro de Mariña e Aire facilitou a fuxida a Francia de Miguel Maura Gamazo, a quen tiñan ameazado as milicias anarquistas; conseguiulle un avión e Maura puido fuxir coa súa dona e os seus cinco fillos a Toulouse (Occitania, Francia). Como ministro de Defensa non foi quen de aproveitar o potencial bélico dos emboscados (os fuxidos) nas diversas zonas de España e non lles prestou a axuda que os convertera en algo transcendente para o desenvolvemento da guerra civil.

Cando Franco realiza a fusión de Falanxe Española e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FE-XONS) co Partido Tradicionalista para formar o partido único FET-XONS, Juan Yagüe Blanco, falanxista, manifestou a súa contrariedade e Indalecio Prieto quixo aproveitar a oportunidade para tratar de chegar a un acordo de cese de hostilidades, que non conseguiu.

En abril de 1938 deixa o executivo e apártase da actividade política para o resto da guerra e pasa ao exilio en México. Presidente do PSOE no exilio de 1948 a 1951.

En 1939 creou a Xunta de Auxilio aos Refuxiados Españois (XARE), que se contrapoñía ao Servizo de Emigración dos Refuxiados Españois (SERE), creada uns meses antes por Juan Negrín López.

Estaba en contra da actuación dos guerrilleiros e buscou barcos para evadir a moitos deles.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.