Nacemento:
Morte:
Obreiro, 22 anos. Veciño de Viveiro (Lugo). Irmán de Vicente Quelle Cociña, encarcerado.
Militante da CNT e dirixente do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP) de Santiago de Celeiro, Viveiro.
Detido na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, acusado con outros de atentado con explosivos, delito polo que o condenaron na Audiencia de Lugo o día 01/03/1935.
Fuxido. Morte en combate.
Participou na columna mineira que acudiu na defensa da Coruña nos días que seguiron ao golpe militar.
Despois consegue pasar ás liñas republicanas e enrolouse na Columna Carod, na fronte de Irún.
Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 01/12/1936 polo delito de auxilio á rebelión, na causa 814/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
A sentenza deste proceso condenou á pena de morte a: Segundo Arias Pérez, Jesús Bellas Cao (xulgado en varias causas), Ángel Fraga Orosa, César Parapar Sueiras e Javier-Victoriano Soto Valenzuela. Cadea perpetua para Bernardino Núñez Rodríguez, pena de 20 anos para Modesto Cociña González, de 15 anos para José-Antonio Bouza Franco e de 12 anos para Nicasio Gómez Leal. O mesmo auto declarou fuxidos a: José Fernández Picos, Francisco-Jesús García Gómez, Claudio Quelle Cociña, José Seco Catá, Emilio-Manuel Timiraos Cervo, Eugenio del Valle Fernández e Manuel del Valle Fernández.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 984/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 07/12/1936. Os procesados eran veciños de Viveiro.
Neste proceso condenaron á pena de morte a: Jesús Bellas Cao (xulgado en varias causas), Manuel Guerreiro Rivera e Ángel Varela Freijeiro; castigos de cadea perpetua para: Ramón Guerreiro González e Modesto Rivera Quintana e ditouse auto de sobresemento provisorio para Vicente-Secundino Ferro Sánchez. A sentenza declarou fuxidos a: José López Sánchez, Manuel Pérez Bermúdez e Claudio Quelle Cociña.
Xulgado tamén no Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 353/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 29/04/1937.
Neste último xuízo acádanse os castigos de 20 anos de prisión para Vicente Sierra Salgueiro; a 15 anos condenaron a Jesús Iglesias Vázquez; condenas de 12 anos para: Luis Albo García, Mariano Pérez Prieto, Pedro Rego Rodríguez, Plácido Rivera Cociña e Daniel Rodríguez Rodríguez; sentenzas de absolución para: Antonio Alfonso González e Francisco-Celestino Parapar Díaz; declararon fuxidos a: Manuel Lamelas Fernández, Claudio Quelle Cociña e Manuel Rodríguez Lago.
Finou en combate, dentro das filas republicanas, na fronte de Aragón.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.