Nacemento:
Morte:
Tiña 13 anos. Filla de Domingo Rodríguez Fernández e Amalia López Ojea, asasinados. Un dos seus irmáns, Rogelio, pasouse ao exército republicano polo que detiveron ao seu pai e a un irmán, que pasaron seis meses na prisión do Barco de Valdeorras. Irmá de Consuelo Rodríguez López, tamén fuxida e exiliada.
Fuxida. Exiliada.
Cando tiña 20 anos, o día 18/10/1939 aos seus pais asasinounos en Soulecín un pelotón de lexionarios do I Terzo da III Bandeira da Lexión, que mandaba o entón tenente Sergio Peñamaría de Llano.
Os seus catro irmáns Domingo Rodríguez López, o Xirolo, Inca; Rogelio Rodríguez López, Sebastián Rodríguez López e Alfonso Rodríguez López, o Galego, fuxiron ao monte onde caerían en combate contra das forzas franquistas entre 1941 e 1949.
Coa súa irmá Consuelo actuaron como axentes do Servizo de Información Republicana (SIR) e como enlaces da guerrilla. As dúas estiveron presas no Barco de Valdeorras, Ponferrada e León.
Ao comprobar que as súas vidas corrían perigo, fuxiron ao monte, á coñecida como Ciudad de la Selva, situada nos montes da Serra do Eixo (Carballeda de Valdeorras) onde se atopaba o campamento base dos guerrilleiros.
As dúas irmás tiveron que fuxir de Casaio, en setembro de 1945, cando as forzas franquistas descubriron que acubillaban guerrilleiros na súa casa, que se coñecía como A Fortaleza; por alí pasaron a maioría dos membros da Federación de Guerrillas de León-Galicia. Marcharon cara Ricosende, Santa Isabel de Soutadoiro, Carballeda de Valdeorras (Ourense).
Despois de abandonar a Cidade da Selva, mantivéronse unidas ata 1947, cando se separaron en Berlanga; Chelo dirixiuse a Madrid e Antonio seguiu con César Ríos.
En xullo de 1947 César Ríos Rodríguez, Serafín Fernández Ramón, Edelmiro Alonso García e a súa dona Adoración Campo Canedo e Antonia Rodríguez López, parella de César, únense a Manuel Gutiérrez Abella para salvar a etapa máis difícil cara a fronteira francesa. Coincidiron o 27 de xullo na aldea de Pobladura del Valle (Zamora), para os preparativos. Alertados da presenza da Garda Civil, marcharon cara Pardiñas, pero no enfrontamento cos represores tiveron tres feridos e perderon o contacto co enlace que os ía poñer no camiño cara Francia. Disolvéronse ata atopar mellor ocasión.
As dúas irmás ocultáronse en casas de apoio en Ourense e O Bierzo ata que se tiveron que separar en 1947, en Berlanga del Bierzo (León), despois de chegar á conclusión de que xa houbera moitos mortos na familia.
Antonia marchou co guerrilleiro César Ríos Rodríguez para Francia con outros 27 guerrilleiros, embarcando en Luanco, Gozón (Principado de Asturias) na noite do sábado 22 de outubro de 1948, nun pequeno pesqueiro francés que fretara Indalecio Prieto Tuero. Con eles fuxía, entre outras persoas, Marcelino Fernández Villanueva, Gafas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.