← Volver atrás

Saliquet Zumeta, Andrés

Alcume: Marqués de Saliquet
Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

Barcelona
- 21/03/1877 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 23/06/1959 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 59 anos. Casado con Carmen Navarro Alonso e, despois de enviuvar, casou con Irene Laynez Ferrer (nada en Fiñana, Almería). Ingresou en agosto de 1893 na Academia de Infantería de Toledo. Diplomado da Escola Superior de Guerra. Veterano das guerras de Cuba e Marrocos. Na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja designárono gobernador civil de Santander (Cantabria) en 1928. En 1923 ascendérono a xeneral de brigada e en 1929 a xeneral de división.

Logo da proclamación da II República, cesárono como gobernador militar de Cádiz, onde exercía desde o día 08/02/1930. Pasou ao retiro coa Lei Azaña.

Golpista.

O día 08/03/1936 participa na reunión conspiradora da rúa Xeneral Arrando, 19, en Madrid, domicilio do deputado da CEDA, José Delgado Hernández de Tejada. Nesta reunión estaban: Francisco Franco Bahamonde, Luis Orgaz Yoldi, Emilio Mola Vidal, Rafael Villegas Montesinos, Joaquín Fanjul Goñi, Ángel Rodríguez del Barrio, Andrés Saliquet Zumeta, Miguel García de la Herrán Martínez, Manuel González Carrasco, Luis-Miguel Limia-Ponte Manso de Zúñiga, o coronel José-Enrique Varela Iglesias e o tenente coronel Valentín Galarza Morante, pola Unión Militar Española (UME). Falaron de que era imprescindible dar un golpe de Estado, que José Sanjurjo era o líder máis adecuado e o 20 de abril o día do pronunciamento. O día 20/04/1936 non houbo ningún movemento nos cuarteis. O executivo republicano decatouse do suficiente como para encarcerar a Varela Iglesias e confinar a Orgaz en Canarias. Franco non contrae compromisos firmes naquela reunión.

Ao comezar a guerra Nicolás Molero Lobo era xeneral de división e dirixía a VII División Orgánica, con sede en Valladolid. Na noite do 18 de xullo, os militares rebeldes dirixidos polos xenerais Andrés Saliquet Zumeta e Luis-Miguel Limia-Ponte Manso de Zúñiga, fixéronse co control das forzas militares despois de arrestalo na madrugada do día 19, xa que Molero, fiel á República, negárase a unirse aos sublevados. Ferírono no tiroteo que se produciu durante o seu arresto; os seus axudantes, os comandantes Ángel Liberal Travieso e Ruperto Rioboo Llobera, remataron con feridas e morreron días despois.

Sumouse ao golpe militar e proclamou o estado de guerra en Valladolid, facéndose co control da VII División Orgánica. Membro da Junta de Defensa Nacional en Burgos e, con outros, propugnou a Franco para ser nomeado "Xeneralísimo". Serrano Suñer describiuno como "...perrunamente fidelísimo al mando".

Responsable do I Corpo de Exército dos rebeldes. O 04/06/1937 nomeárono comandante en xefe do Exército do Centro. O día 17/05/1939 ascendérono a tenente xeneral.

Despois da guerra, designárono capitán xeneral da I Rexión Militar en Madrid e, días despois, da II Rexión Militar en Sevilla na substitución do xeneral Gonzalo Queipo de Llano Sierra; un mes despois volvía a ser capitán xeral de Madrid. Foi o responsable da sinatura de moitas sentenzas de morte durante a represión na capital do Estado.

No ano 1941 designárono presidente do Consello Supremo de Xustiza Militar, cargo que desenvolveu ata a súa morte. Tamén se desenvolveu como conselleiro de Estado e procurador nas Cortes franquistas.

Era partidario da restauración da monarquía e, no ano 1943, así o manifestou con outros militares ao propio Francisco Franco.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.