Nacemento:
Morte:
Ferreiro e sindicalista, 31 anos. Casado con Mercedes Penas Cimadevila; tiñan tres fillos: Julio, Mario e Eliseo. Veciños da rúa Espírito Santo, en Santiago de Compostela e ferreiro na calella Entrerrúas. Traballaba como metalúrxico en Fundiciones Franco.
Militante do PSOE. Presidente do Sindicato de Metalúrxicos de Santiago de Compostela, da CNT. Membro do Ateneo Libertario compostelán.
Detido durante a folga xeral revolucionara de outubro de 1934 por repartir follas clandestinas.
Fuxido. Executado.
No momento de producirse o alzamento golpista Fernando Barcia Beiras preside o Comité de Defensa da República que tratou de frear a sublevación militar. Neste comité estiveron: José Miguel Alcalde, Celestino Barcia, Fernando Barcia Beiras, Francisco Fernández del Riego, Rafael Frade Peña, Samuel Gómez, Jesús Hortas, Juan López Touriño, Manuel Maroño Calvo, Ricardo Nogueira, Domingo Pardo Corredoira, Modesto Pasín Noya, José Pasín Romero, Luis Rastrollo González, Jesús Rodríguez, Ricardo Rosende, Cándido Sánchez Rodríguez, pola CNT, Jesús Vieiro Gómez, José Vila, Marcial Villamor Varela.
Ao triunfar o golpe rebelde ocultouse no monte Pedroso con Antonio Ramos Varela, Cesáreo Briones Varela e Luis García Pazos. Despois agachouse nunha casa da rúa Espírito Santo ata que o descubriron os falanxistas en xullo de 1937; prendérono e entregárono ás autoridades franquistas.
Xulgado en xaneiro de 1938 no Tribunal Militar Territorial de Santiago de Compostela polo delito de rebelión militar, na causa 752/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
No dito procedemento castigaron coa cadea perpetua a: Cesáreo Briones Varela e Luis García Pazos; condenaron a morte a Cándido Sánchez Rodríguez.
Fusilárono os golpistas na Coruña; pasárono polas armas ás 06:00 h con outras sete persoas.
Soterrárono o día 9 de marzo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Jaime Baella Pérez, José Brandariz Ramos, Felisardo Brandariz Souto, Marcelino Calviño Pato, Ángel Fernández Fernández, Jesús López Cabado e Ricardo Martín González.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.