Nacemento:
Morte:
Peón, 38 anos. Veciño da Coruña. Empregado como obreiro municipal. Irmán de Julio Sanjurjo López, fuxido e encarcerado.
Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal. Dirixente da Sección de Peóns Siempre Adelante do Sindicato Único do Ramo da Construción da Coruña, da CNT.
Paseado.
Santiago figuraba nun informe da Dirección Xeral de Policía, con outros, “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados... huidos o desaparecidos de la localidad, cuyo paradero se desconoce”.
Tamén figura, con outros, nun segundo informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados, que se sepa en este Departamento, pueden citarse los siguientes, huidos o desaparecidos de esta localidad, cuyo paradero se desconoce”.
Prendérono o día 31/07/1937 nunha vivenda da rúa Juan Flórez, na Coruña, no marco da caída das redes libertarias.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión na causa 992/37.
Neste xuízo procesaron, entre outras persoas, a: Fernando Caamaño Pérez, Alejandro Delgado Fernández, Alicia Dorado Viso, Antonio Fournerakis, José González González, Carlos Míguel Pérez, María Otero González, Alejandro-Basilio Palacios, Jesús Rodríguez, Santiago Sanjurjo López, José Torres Regueira, José Valeiro Caramés e Antonio Varela Miguélez.
Paseárono números da Garda Civil na estrada de Circunvalación con Rogelio González González á altura da Prisión Provincial da Coruña. Os executores xustificaron as ditas mortes coa aplicación da Lei de Fugas.
Morte rexistrada sobre as 02:00 h na Coruña por mor de feridas de arma de fogo que lle ocasionaron unha hemorraxia cerebral.
Soterrárono o día 1 de agosto nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Rogelio González González.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.