← Volver atrás

Selas, Juan

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

Pazos, Santa María de Codosedo, Sarreaus
(Ourense)
- 14/07/1948 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Na posguerra española ingresa na II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).

Desta II Agrupación do EGG convértese en xefe militar Samuel Mayo Méndez, con Benigno Fraga Pita, Alejandro, como comisario político e delegado do PCE e na que se integran, entre outras persoas: Manuel Álvarez Novoa; Gumersindo Ansias Fernández, Sindo; Raúl Castro Cao, o Arxentino; Servando Cudeiro Prieto; Camilo de Dios Fernández; Perfecto de Dios Fernández; Carmen Fernández Seguín (nai de Camilo e Perfecto de Dios); César González González, Madriles; José-María Martínez Cerviño, Jaime; Manuel Nóvoa Barreiros; Máximo Nóvoa Barreiros; Antonio Pérez Barreiros, Cabila; Enrique Rey Durán; Manuel Rodríguez González; José-María Saavedra Díaz, Pepe; Lucio Saburido Feijoo; Ángel Santos Rodríguez, Antonio de Verín; Juan Selas e Juan Sorga Rodríguez.

Tiñan o refuxio na Edreira, San Pedro de Gabín, Montederramo (Ourense), na casa do matrimonio de Francisco Fernández Rodríguez, Galán, e Nieves González. Francisco sería asasinado pola brigadilla da Garda Civil en marzo de 1949 e a casa queimada.

Morreu nun enfrontamento en Pazos, na casa de Juan Sorga, entón enlace, cando os arrodeou a Garda Civil. Selas rompeu unha perna ao saltar un muro e mantivo a raia aos gardas mentres os seus compañeiros se daban á fuga. Logo suicidouse para non caer nas mans dos represores.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha