← Volver atrás

Castro Amigo, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Malpica de Bergantiños
(A Coruña)
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Tiña 30 anos. Veciño de Malpica de Bergantiños. Irmán de Jesús Castro Amigo, tamén fuxido e exiliado.

Fuxido. Exiliado.

Foxe a Francia na motora San Adrián, da que era o capitán Francisco Fariña Chouciño, o día 27/06/1938. Eran 26 as persoas que escapaban. Na lancha Estrella Polar achegáronse de Malpica de Bergantiños ás Illas Sisargas, onde se atopaba a motora. Despois de tres días de travesía chegaron preto de Brest (Bretaña, Francia). Un bote de carabineiros franceses levounos diante das autoridades que lles deron a escoller entre regresar a Malpica ou pasar á zona republicana; catro homes decidiron volver á casa e o resto marcharon a Barcelona para seguir loitando contra dos franquistas.

Entre os 26 fuxidos estaban: Manuel Alfeirán Carrillo; Cándido-Ramón Carrillo Cousillas, político; Jesús Castro Amigo; José Castro Amigo; Francisco Fariña Chouciño, mariñeiro; Miguel Garrido Blanco, motorista; Celestino Garrido Carrillo, patrón; Luis Garrido Carrillo, mariñeiro; Jesús Garrido Garrido, patrón; Pedro Garrido Varela, armador; Benigno Novo Alfeirán, mariñeiro; Luciano Rodríguez Alfeirán, armador; Manuel-L. Rodríguez Verdes; Luis Rodríguez Villar; José Sande Lois, mestre; Pedro Veres García, mariñeiro; Pedro Veres Varela, mariñeiro, e Manuel Villar Novo, patrón de cabotaxe.

Internárono no campo de refuxiados de Béziers (Hérault, Occitania, Francia) en agosto de 1939.

Causa aberta en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar (proceso pola fuga da San Adrián) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Tivo sorte de conseguir praza no Winnipeg para viaxar de Burdeos (Nova Aquitania, Francia) a Chile. Saíron de Francia o día 04/08/1939 e chegaron a Valparaíso o día 02/09/1939. Neste barco fuxían uns 2200 españois, entre eles os malpicáns Ramón Arcay Novo, Ramón de Antonia; José Castro Amigo; Pedro Chouciño Fariña; Juan-Ignacio Delgado Criado; Francisco Fariña Chouciño, Francisco de Rosa; Miguel Garrido Blanco; Bernardo-Martín Garrido Carrillo; Celestino Garrido Carrillo; Jesús Garrido Garrido; Manuel-L. Rodríguez Verdes e Ramón Rojo Pazos. De Cariño fuxiron Valentín Pérez Picos e os irmáns José Pita Armada, Manuel Pita Armada e Vicente Pita Armada. Tamén se exiliaron José García García, Pepín da Lixivia, da Coruña; Miguel-Francisco Ferrer Gándara, de Carnota e Joaquín Rodríguez Louro, de Dumbría.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.