Nacemento:
Morte:
Chofer e político, 32 anos. Casou con Carmen García López; tiveron unha filla e un fillo: Carmen e José. Veciños de Escairón, San Salvador de Vilasante, O Saviñao (Lugo). Adicouse ao transporte de mercadorías.
Dirixente do PSOE e concelleiro do Saviñao. Participou na fundación do Centro Republicano Socialista de Escairón en 1931. Vogal da Organización Republicana lucense tamén no 1931 e tesoureiro da Agrupación Republicana do Saviñao ese mesmo ano. Nese ano 1931 acadou a concellería no Saviñao polo Partido Republicano Galego (PRG). Vicepresidente da Agrupación Socialista (AS) en 1934.
Fuxido. Encarcerado.
Despois do golpe dos sublevados andou fuxido no monte por temor a que o axustizaran.
Ao remate da guerra civil presentouse ao Gobernador Civil de Lugo o día 30/04/1939, prendérono os fascistas e ingresárono no cárcere de Monforte de Lemos (Lugo) ese mesmo día 30; trasladárono á Prisión Provincial de Lugo o 7 de agosto seguinte.
Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 28/03/1940 polo delito de auxilio á rebelión e rebelión militar, na causa 415/38, co resultado de sentenza a 12 anos de prisión. Xulgaron neste procedemento a varios veciños do Saviñao. Nesta causa acumulouse tamén a causa 729/36.
Condenaron á pena de morte a: Antonio López Barro, Antonio Sánchez Quiroga e José-María Teixeira Montero; cadea perpetua para: Jesús Nieves Sánchez, Manuel Pérez Fernández, Bernardo Sánchez Quiroga e Francisco Sánchez Quiroga; prisión de 12 anos a: José Ferreiro Pérez, Germán López González, José Losada Ferreiro e Luis Rodríguez Losada. Ditouse auto de sobresemento para: Jesús Díaz Rodríguez, Adelino Losada Rodríguez, Moisés Quiroga Sarmiento, Emilio Ramos Barro e Evaristo Rodríguez Méndez. Declararon fuxidos a: Armando López Losada, Antonio Losada Ferreiro, Antonio Nieves Ferreiro e Ramón Pérez Bispo.
Pena ordinaria conmutada pola de dous anos de cadea; concédeselle a prisión atenuada o día 26/08/1940.
Volveron prendelo en xullo de 1949 polo delito de auxilio á guerrilla e xulgárono na Coruña na causa 205/49.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.