Nacemento:
Morte:
Político e sindicalista, 34 anos. Solteiro.
Organizador do Ateneo da vila de Rutis. Militante da CNT en 1932, ano no que fundou o Club Obreiro na Corveira, Rutis. Candidato polo PCE en 1933, do que era militante desde 1931. Vicepresidente do Sindicato de Albaneis e Axudantes La Aurora Social, vencellado á CNT da Coruña. Presidente do Radio Comunista Comarcal de Vilaboa.
Elixido concelleiro de Culleredo en 1936 e primeiro tenente de alcalde, desenvolvía este posto cando se produce o golpe militar.
Tiña como compañeiros da Corporación de Culleredo de 1936, entre outras persoas, a: José-María Louzán Martínez (alcalde), exiliado; Manuel Fariña Campelo, sancionado; Isolino Patiño Calviño, sancionado; José García Ramallo, sancionado.
Fuxido. Exiliado. Encarcerado.
Ao estalar a sublevación militar ocultouse e conseguiu fuxir nunha barcaza gasolineira.
Foxe o día 05/01/1937 desde A Pasaxe, A Coruña, cara Xixón (Principado de Asturias) na lancha gasolineira Conchita (que os 23 fuxidos chamaron La Libertaria).
Entre estes fuxidos atopábanse: Asdrúbal Álvarez Galindo, Adolfo Bregua Mouriño, Manuel Bugallo Lois, Julián Carballo Gómez, José-Luis Chamorro Castro, Moisés Erguido Blanco, Ángel Fernández Fernández, Eladio Freire García, Manuel Gantes Barreiro, Abelardo González Morado, Odilo Masid Masid, José Moreno Torres, Emilio Novás Naya, José Platas Fernández, José Prego Veira, Joaquín Carlos Rivero, Julio Sanjurjo López, José Soriano Pardiñas, Antonio Suárez e Maximino Zas Martínez.
Xulgado nunha causa aberta en Ferrol (A Coruña) polo delito de deserción (non se ter presentado a filas) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Conseguiu pasar ao bando leal. Foi xurado no Tribunal Popular de Xixón (Principado de Asturias) e desenvolveuse como comisario político no decorrer da guerra civil. Xa en Barcelona afiliouse ao PSUC.
Fuxiu a Francia en febreiro de 1939 e estivo nese ano no campo de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia) e logo pasou ao exilio en México, chegando a Veracruz o día 07/07/1939 a bordo do vapor Ipanema.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.